PLENO DE VICTORIAS PADEL EUME MATOJOMA

30

Quedamonos sin adxetivos para describir ao equipo pontés no seu primeiro ano na categoría, a xornada non puido ser mellor para os nosos rapaces certificando o primeiro posto do grupo e vencendo fora da casa con unha alineación pouco habitual dando confianza os maís noveles nestas lides.
O resultado na Coruña foi de 2/3 para os ponteses non sin emoción ata os últimos xogos do derradeiro enfrontamento.
padel_1.jpg


A primeira parella pontesa formaba con Diego Prieto e Lois Penabad , este ultimo facia o seu debut na categoría despois de levar uns escasos 9 meses xogando a este deporte. De sobresainte se pode calificar o seu estreo , venderon cara a sua derrota que se produciu por pequenos detalles e falta de experiencia, o resultado 7/6 6/4 a prol dos coruñeses.
Parella tres Santiago Franco e Pedro López partido moi controlado polos nosos dende os primeiros xogos que se decantou a prol dos ponteses por dous breaks en cada set , impoñendose a tranquilidade e experiencia dos dous padeleiros que estaban mais afeitos a presión da competición . 7/5 7/5.
Toni Purriños e Marquiños Fdez formaban o cuarto enfrontamento, cun comezo coma se agardaba os nosos vencían o primeiro set por un contundente 6/1 pero logo chegou a sorpresa , os ponteses empezaron a fraquear de forma clara en defensa e o que tiña que ser un paseo militar tornouse nunha pesadela, as bolas que antes entraban sen pensar comezaron a ser un mar de dudas , fallo tras fallo os nervos atenazaban os nosos e entregaban os dous seguintes sets caendo derrotados por un tanteo de 6/1 5/7 4/6.
Manuel Ferro e Santiago Barro non tiveron ningún atranco para levar o quinto enfrontamento por un doble 6/1 o que demostra as claras a superioridade dos experimentados padeleiros ponteses.
E chegaba o prato forte coa eliminatoria 2-2 a segunda confrontación alargabase no tempo por mor case de duas horas, a priori os ponteses tiñan as de perder pois dous noveles con tan so un partido as suas costas na liga Jose carlos fdez portas e Dario vivero tiñan que sobreponerse a todo iso e gañar o partido para manter invictos na liga o equipo.
E aquí demostraron que con moi pouco tempo practicando este deporte pero moito entrenamiento nas suas pernas e cabeza fría nos momentos decisivos non ian deixar escapar unha oportunidade de reivindicarse , Portas con unha defensa a proba de bombas e Dario como o brazo executor unha tras outra vez percutían nos coruñeses levándose o primeiro set pero as cousas poñianse difíciles o perder o segundo moi doadamente co cal quedaba o terceiro un cara ou cruz para xogadores con temple , os ponteses ataronse os machos e con un 4/0 parecia que tiñan o set sentenciado pero reaccionaron os rivais poñendose 4/3 , neste intre os nosos decidiron que levaban loitando moito tempo para que se lles escapase o trunfo e con dous xogos épicos daban a victoria liderato e primeiro posto o equpo do noso pobo, felicidades os dous jabatos e o resto do equipo que levou unha eliminatoria que se trocou moi complicada.
A ultima xornada os ponteses receben o segundo clasificado padel ames con todo xa decidido no que será unha festa deportiva .
padel_2.jpg
padel_3.jpg
Nova cortesía de Fernando Caaveiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios