SEGUNDA AUTONÓMICA (Grupo 4º): CD AS PONTES – CUD NARAHÍO (3-0)

36

Importante vitoria do segundo equipo pontés ante o cadro de Narahío por tres goles a cero nun partido no que a nova foi a agresión ó colexiado Borja Gundín por parte do xogador do Narahío, Álex Martínez, á saída dos vestiarios cando se ía disputar a segunda parte. O xogador fora expulsado por dobre tarxeta amarela. O árbitro tras consultar coa delegación arbitral decidiu continuar o encontro, iniciándose a segunda parte con máis de media hora de retraso. Posteriormente desprazouse ó hospital para ser consultado, pois ó parecer tiña un forte golpe na cara.
Á marxe deste lamentable incidente, sinalar que o As Pontes adiantouse no primeiro tempo mediante un tanto de cabeza de Borja no minuto 25. A Segunda parte o As Pontes puido ampliar o marcador por medio de Fermín por dúas veces. No 48´ manda o balón por alto e no 58´, tras unha cesión de Vicente, o gardamallas salva estirándose como Casillas cando case se cantaba o gol.
Foi no minuto 63 nun balón que lle chega a Borja ás costas desmarcándose, e nada máis botar mándalle un zapatazo que se cola polo escuadro nun dos goles do ano no campo do Poboado facendo o 2-0. Nunha xogada propia dos equipos grandes, no minuto 70, pase en profundidade de Totti, internase por banda esquerda Fermín, centra e Marcos Novo chegando dende atrás marca por alto a pracer.
Con todo decidido, o encontro entrou nunha fase bronca nos últimos instantes sen pasar a cousa a maiores.
segunda


O As Pontes sitúase terceiro con 48 puntos e visita na vindeira xornada ó San Sadurniño, décimo terceiro na clasificación. Miño con 53 puntos, Rápido de Neda con 52, As Pontes B e San Mateo con 48, Cariño, Numancia de Ares e Ortigueira con 47 puntos.
O cadro de Iván Rodríguez xogou con Iván Parapar, Ferreiro, Palas, Fernando, Carlos (Cristian, min. 73), Totti (Alex Antón, min. 79), Vicente, Fermín (Hugo, min. 73), Vilasuso (Marcos Novo, min. 55), Borja, Narciso (Moya, min. 58). Preto dun cento de espectadores no anexo do campo do Poboado.
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
Nova cortesía de Xosé Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios