LIGA GALEGA XUVENIL: CD AS PONTES 6 EUME DEPORTIVO 0

33

En partido aprazado no seu día pola chuvia que encharcou o campo, e disputado onte precisamente ante unha chuvia atronadora, venceu o As Pontes xuvenil, no derbi comarcal, ó colista Eume de Pontedeume por un contundente 6 a 0.
Pouco hai que comentar dun derbi, desagradable de xogar pola situación na táboa dos visitantes, pois xa o reflicte o marcador, dous goles de Dani Villar, e un de Javi, Criado, Adrián e Tiny redondearon o marcador no segundo tempo, pois ó descanso chegouse con 2 a 0.
Un encontro no que os de Carballo xogaron con Krikry (Ángel Prieto 45´), Saviola (Gonza 60´), Rubén, Darío, Esteban, Juan, Adrián (Tiny 71´), Alex Montero (Capela 60´), Javi, Dani Villar, Criado (Jandro 71´).
Este resultado, deixa a un As Pontes, que hai un mes se compricara a vida perdendo na casa co Boiro, nin máis nin menos que na quinta posición.
Sigue liderando Caranza 57, Residencia 54, O Val, 46, Vilalbés 45, As Pontes 44, e por detrás Lugo B e Fátima 42, Boiro 40, Lalín 39, Bergantiños, Negreira e Milagrosa 38.
Xa máis comprometidos Orillamar 36, Conxo B 32, Montañeros B 28, e máis desafiuzados Brexo Lema 21, Viveiro 16 e pecha o Eume con 9.
Precisamente despois de Semana Santa partidazo no Poboado, As Pontes contra Galicia de Caranza.
xuvenil


xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios