Nota de Prensa BNG: AS PONTES: 1.109 RAZÓNS PARA CREAR EMPREGO

50

Por se os datos do paro nas Pontes non foran xa alarmantes, os de marzo deberían ter despertado a conciencia do goberno municipal do PSOE, e, sobre de todo, do seu Alcalde: dende que o é, o número de veciños e veciñas desempregadas ten aumentado nun 92%, nun contexto de perda de poboación.
emprego.jpg
Diante de tal situación, a única medida que ten posto en práctica o Alcalde, ademáis do despido improcedente dun traballador do Concello tras 15 anos de servizo, consiste en pedir permiso ao PP para crear emprego; un Alcalde con 12 concelleiros dos 17 do Pleno e cun resultado medio anual favorábel duns 3MЄ nos últimos anos, que permiso necesita?; que outra obriga pode ser maior que a de atender as necesidades dos seus veciños e veciñas?.
Durante o ano 2012, o BNG fixo propostas de actuación municipal, concretadas nun conxunto de máis de 20 medidas, co obxectivo de favorecer as condicións dunha reactivación que permita crear emprego, público e privado, e atender as necesidades máis inmediatas da xente; medidas como a diminución das taxas e dos impostos, a creación de bolsas para a xente nova, abrir os procedementos de contratación a todas as empresas locais, incluír criterios de creación de emprego na adxudicación de obras e servizos, axilizar a execución de proxectos importantes dende o punto de vista económico como o do Poboado das Veigas, ou a contratación directa de persoal polo Concello, sobre de todo naqueles servizos básicos como o de axuda a domicilio, non foron atendidas polo PSOE.
A finais do ano pasado, o PSOE presentaba unha proposta de contratación de 80 persoas (un 7% do desemprego actual), durante 6 meses, cun salario duns 880Є mensuais, para a execución de obras municipais de acondicionamento de cemiterios, colexios, río, a Fraga, polígonos, con preto de 1MЄ. Nada de nada.
O BNG esixe do Alcalde que presente e poña en marcha un plan de emprego, coas aportacións nacionalistas ou sen elas, mais que o faiga xa, de xeito urxente, sen escusas de tipo legal que, para outros asuntos de moita menor importancia e beneficio colectivos, foi quen de superar -máis ben de saltar-.
Asemblea Local do BNG das Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios