COPA GALEGA FEMININA: C.D. AS PONTES 0 – ORZÁN S.D. B 2

29

Victoria xusta e merecida do cadro coruñés na súa visita ó Poboado nesta mañá chuviosa, o que as clasifica matemáticamente para a segunda fase, deixando ó As Pontes eliminado momentáneamente e pendente dunha carambola, a máis que improbable derrota do cadro do Melide na casa por máis de dous goles ante as coruñesas, xa clasificadas. Non foi por ocasións, pero ata os últimos minutos non conseguiron abrir o marcador e logo sentenciar no desconto.
Puxeron máis gañas as coruñesas, que necesitaban a victoria e chegaban co equipo moi reforzado, dende o principio. As pontesas, como ven sendo habitual, contaban con moitas baixas, iso a pesar de ser un partido trascendental, estaban as de case sempre e as que dan a cara polo equipo, ademáis do espartano Salido, e hai que felicitarlles por elo.
Leti, que sufriu un via crucis uns días despois de rematar a Semana Santa, xa no minuto 8´ tivo que despexar a córner, e no 20´ Paula quedou sou e mandou desviado o seu disparo. Respondeu o As Pontes, a pequena Paulita desmarcase, recorre 10 metros co balón nos pes, pero tarda en reaccionar e porteira botaselle enriba (30´). No 38´ outro tanto do mesmo lle sucede a Sonia, que acaba mandando ás mans de Leti. Antes de chegar ó descanso, no 46´, tras un córner, caelle o balón franco nos pes a Yaiza, pero remata hacia atrás.
Na segunda metade tras un inicio sen ocasións, outra vez unha dianteira visitante quedaba soa, neste caso Caro, e outra vez tivo que salvar Leti (65´). A piques estivo Silvia de marcar (71´), tras outro saque de córner de Noelia, que remata sen deixar caer o balón, e saiu por pouco.
feminino


A máis clara ocasión do encontro chegou por parte de Caro (77´), que a un metro, e coa porta baleira mandouna por fora. Puidose desquitar un minuto despois, tanto vai o vantaro á fonte …, cando se plantou soa ante Leti e marcou de tiro cruzado, nun balón que entrou manseniño e moi pegado ó pau. Chegou o merecido gol, e non foi por ocasións.
O As Pontes buscou o empate, pero neste equipo, igual que no Celta, marcar un gol é case unha milagre, que sufrir, e anque a gran Noelia se botou pra arriba, e sairon Vicky, Carla e Alba R., non houbo maneira, e xa no 93´, nun contragolpe a lateral Merino plantase ante Leti e marca a sentencia de tiro cruzado.
Non se pode obxectar o triunfo das visitantes polo visto nos 90 minutos, e a falta do Melide-Orzán B da semana que vén, lideran as coruñesas con 5 puntos (+2), Melide ten 4 puntos e As Pontes tamén 4 (-2). So unha victoria das coruñesas, xa clasificadas, por máis de dous goles metería na segunda fase a un As Pontes, que comezou moi ben o 2012, pero que no 2013 acabou todo o contrario, non obstante, hai que felicitar á paciencia de Salido e a vontade das que sempre están.
Máis información en http://aspontesenfeminino.wordpress.com/
0 C.D. As Pontes. Leti, Mireia, Silvia, Nuria (Noelia Ameneiro 85´), Noelia, Lía, Sara (Carla 45´), Carmela, Yaiza (Alba R 64´), Andrea, Paulita (Vicky 74´).
2. Orzán S.D. B. Isa, Merino, Baneira, Soraya, Uru, Mónica (Natalia 77´), Julia (Silvia 53´), Cris, Mónica (Arancha 86´), Sonia (María 65´), Paula (Caro 53´)
Goles: 0-1, Caro (78´), 0-2, Merino (93´).
Árbitro: Diego Fernandez González (Ferrol).
Campo e incidencias. Campo Anexo Jose. Máis de cen espectadores, moitos visitantes, en mañá chuviosa.
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios