LIGA GALEGA XUVENIL. C.D. AS PONTES 0 – S.C.D.R. GALICIA DE CARANZA 1

30

O equipo ferrolán, líder da categoría, venceu nos últimos minutos no derbi disputado na tarde de hoxe no Campo Anexo Jose, ante uns 200 espectadores, en tarde fría e soleada.
Dominou e tivo máis ocasións o As Pontes na primeira metade, a segunda parte estivo máis igualada e apenas sen oportunidades, pero a falta de dez minutos para o remate nunha internada por banda esquerda do extremo visitante, chega ata a liña de fondo, centra, e incorporándose dende atrás dous xogadores libres de marca definitivamente é o número 5 o que introduce o balón no fondo das mallas.
xuvenil


Buscou o empate nos últimos minutos o As Pontes en varias faltas ó borde da área botadas por Dani Villar, que preferiu centrar en todas a tirar directamente co seu poderoso golpeo de balón. Pero o marcador non se moveu e os visitantes levaronse os tres puntos.
Victoria que lle serve ó equipo ferrolán para casi sentenciar o seu ascenso xunto co Residencia, pois a falta de sete xornadas, e cun partido menos, levanlle 14 puntos de ventaxa ó terceiro clasificado, O Val.
Contra o Conxo B que se está xogando o descenso enfrontanse os azuis a fin de semana que ven, se ben esta papeleta non depende so deles, o tema vai de arrastres, xa que momentáneamente Montañeros e Santiago descenden de División de Honra, arrastrando de momento a Ural e Conxo A de Liga Nacional á Liga Galega, co cal a día de hoxe o segundo equipo de Conxo, a tres puntos da salvación, tamén descendería por arrastre anque ó final de Liga se conseguira salvar por puntos.
Ten que amosarse duro o cadro de Carballo nas sete xornadas que restan pois so está seis puntos por riba do descenso dos vinte un que quedan aínda por xogar. Nesta categoría descenden seis equipos por catro arrastres do Norte asi que de aquí ó final será bo que aseguren alomenos 10 puntos.
Caranza 60 e Residencia 57 celebran virtualmente o seu ascenso a Liga Nacional. O Val 46, Lugo B e Vilalbés 45, As Pontes 44, EF Lalín e A.Fátima 42, Boiro e Milagrosa 41, Orillamar 39, Bergantiños 38. Negreira momentáneamente en descenso con 38, Conxo B 35, Montañeros B 29, Brexo Lema 21, Viveiro 19 e Eume 9.
Xogaron Krikry, Saviola (Capela 85´), Rubén, Darío (Tiny 88´), Esteban, Juan (Gonza 71´), Adrián (Jandro 65´), Alex Montero, Javi, Dani Villar, Criado.
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios