CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS DA FIN DE SEMANA 5-6-7 DE ABRIL DE 2013

45

Do encontro do equipo xuvenil e do feminino hai información aparte. En tódolos partidos de Fútbol-8 os xogadores entregaron a pais e nais un manifesto polo xogo limpo.
SEGUNDA REXIONAL: CD San Sadurniño – CD As Pontes (1-3)
Segue na loita polo título o segundo equipo do As Pontes, que nesta xornada venceu (1-3) en San Sadurniño. O Miño gañou 0-2 ó Narahío e sigue líder, pero a sorprendente derrota do Rápido de Neda en Barallobre por 3-1 comprime a clasificación, e así Miño 56 puntos, Neda 52, San Mateo e As Pontes 51, Cariño e Ortigueira 50, Numancia 47. Partidazo o vindeiro domingo no Poboado coa visita do Miño, no que haberá que saír a por todas. Os ponteses xa gañaban 0-2 no minuto 30, con goles de Borja nada máis comezar o encontro (min. 2) e Narciso chegando a media. No minuto sesenta marcarían os locais e no setenta Adrián Vilasuso estableceu o definitivo 1-3.
Xogaron polo As Pontes B: Iván (Juanillo, 87), Ferreiro, Nando, Palas, Carlos, Toti (Álex, 85), Adrián Vilasuso, Fermín (Javi, 58), Moya, Borja (Hugo Corral, 86) e Narciso (Marcos Novo, 55).
Dáse a curiosidade de que ata catro líderes, o da Segunda Autonómica, Cadete, Infantil e Alevín visitarán O Poboado a vindeira semana.
CATEGORÍA CADETE: CD As Pontes-SD Ánimas (5-1)
Vitoria do cadete (5-1) sobre o Ánimas de Ferrol, con goles de Álex Fernández (2), Iván, David Rey e Iago. O Val venceu (0-1) en Meirás o o Caranza 0-3 ó Eume. Precisamente o líder Caranza visitará o Poboado a semana que ven. Nesta tempada 2012-13 entre Liga e Copa levan 26 vitorias, cedendo tan so un empate. Caranza 46, O Val 40, As Pontes 38. O cuarto clasificado, Galicia de Caranza, 21 puntos.
cadete


cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
CATEGORÍA INFANTIL: Cultural Maniños – CD As Pontes (1-2)
Sufriu moito o Infantil para vencer ó penúltimo clasificado, Cultural de Maniños, por un a dous (Ayrton e Sergio). O Racing de Ferrol venceu por 6-0 ó Val e o Portuarios 0-1 ó Galicia de Caranza B. Ferrol 45 puntos, As Pontes 43 e Portuarios 38. Media Liga xógase o sábado no Campo de O Poboado. Tamén o Racing de Ferrol neste 2012/13 entre Copa e Liga leva 25 vitorias, un empate co As Pontes en Copa (4-4) e unha derrota na liga pola mínima ante o Portuarios (2-1). Será moi complicado, pero tamén os azuis levan unha tempada de escándalo con 24 vitorias, 3 empates, e unha soa derrota, precisamente por 4-2 ante os verdes.
CATEGORÍA ALEVÍN:
Gª Caranza B – CD As Pontes (4-0)
CD As Pontes B – Gª Caranza E (0-3)
Derrota do Alevín A (4-0) ante o Galicia de Caranza B. Sextos con 17 puntos, reciben o sábado ó Val, líder da categoría (co xogador Manuel Orosa na selección galega), que a pasada semana lograban clasificarse para a Arousa Cup, o Mundialito Alevín que se disputa tódolos anos cos mellores equipos de España e internacionais. O Alevín B perdeu na casa (0-3) co Galicia de Caranza E. Quintos con 22 puntos visitan ó Galicia de Caranza C, sexto con dous puntos menos.
CATEGORÍA BENXAMÍN
CD As Pontes – Gª Caranza D (9-0)
SD Barallobre – CD As Pontes B (2-1)
A única vitoria do fútbol-8, na loita que manteñen pola Liga, o Benxamín A venceu 9-0 ó Galicia de Caranza D (marcaron Joan -4), Jandro -3- Sergio e Adri), mentres o Rápido de Neda gañou por 7-3 ó Meirás. As Pontes 46 puntos, Rápido de Neda 41 e San Pedro 38. Media Liga xóganse o vindeiro sábado na súa visita ó San Pedro, mentres o Rápido visita ó derradeiro clasificado, Galicia de Caranza D. O Benxamín B perdeu 2-1 na súa visita ó Barallobre. Son oitavos con 13 puntos. Reciben na vindeira xornada ó sétimo clasificado, Amistade de Meirás.
BenxaminA
BenxaminA
BenxaminA
BenxaminA
BenxaminA
BenxaminA
BenxaminA
BenxaminA
BenxaminA
BenxaminA
BenxaminA
BenxaminA
BenxaminA
BenxaminA
CATEGORÍA PREBENXAMÍN
CCRD Perlío – CD As Pontes (5-1)
CD As Pontes B – R. San Pedro (2-6)
O Prebenxamín A perdeu 5-1 (gol de Eloy Pena) diante do Perlío. Oitavos con 9 puntos reciben ó segundo clasificado, Rápido de Neda B. O Prebenxamín B perdeu no Poboado por 2-5 (David e Carlos) ante o Rácing San Pedro B. Sétimos con 14 puntos visitan ó oitavo Cedeira B, que ten tres puntos menos.
preB
preB
preB
preB
preB
preB
preB
preB
preB
preB
preB
preB
preB
preB
preB
preB
preB
preB
preB
preB
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios