TERCEIRA DIVISIÓN. RC CELTA DE VIGO B 2 – CD AS PONTES 0

53

O filial celeste venceu con xustiza ó As Pontes no encontro disputado hoxe á mañá no campo de Barreiro, sito na parroquia de Lavadores, na maravillosa localidade olívica, campo no que tamén xoga o Gran Peña.
Cando un xoga contra un equipo filial podese atopar dúas caras, un rival apático ou desmotivado, ou un rival que sae a por todas, e nesas circunstancias fanse invencibles pra os equipos máis modestos. Os celestes foron un vendaval dende o principio e Marcos Bouza, hoxe o porteiro titular, tivo moito traballo, e a verdade é que o fixo moi ben, como o resto do equipo, que tivo unha boa actuación, agás un lunar, o penalti de Bossa.
celta-aspontes


Xa no minuto 8´, un disparo cruzado do ex xogador de Primeira División Añón despexao Marcos a saque de esquina. Tras ese mesmo córner remata de cabeza Maestre e Marcos salva milagrosamente (9´). Curiosamente o gardamallas pontés xogou os seus dous únicos encontros de Liga ata o momento, en terras viguesas, ante o Bouzas e o Celta B.
O As Pontes estaba embotellado e sacudíase a presión como podía, e así Iván González lanza dende 40 metros e a piques está de sorprender a Santiago (13´).
Un lanzamento de falta de Maceira (19´) volve a desvialo a córner o gardameta pontés. Continúan os celestes atacando e así nun balón mal despexado por Chote, o esférico cae nos pes de Camochu que á reviravolta manda por fora pegado ó pau (25´).
Nun dos poucos erros de Marcos, con tanto traballo é difícil atallar todo, vaiselle o balón, que cae nos pes de Añón que remata e o balón sae por pouco, incluso pega na rede por fora e o efecto óptico engana ó público que o celebrou como si fora gol (28´).
As poucas veces que chegaba ó As Pontes pesaballe entrar na área rival, e asi nun bo pase de Bossa en profundidade a Iván, que o deixa so, este tarda en reaccionar e perdese a ocasión (30´).
No 36´, a un centro-chut de Añón non chegan por pouco, en boca de gol, nin Camochu nin Rubén. Tras un centro dende banda de Añón, Marcos mete a man o xusto pra desviar o balón e que non empale chegando dende atrás Mina (40´). No 41´ tras recoller un balón na área pequena, dase a volta Camochu e remata a dez centímetros xustos do poste.
Tal era o vendaval celeste que no 43´ o capitán Victor Vázquez controla co peito, remata cruzado e o balón foi ó poste. A colexiada catalana Anna Zardain sinalou o descanso, agradeceuno o As Pontes, que chegou milagrosa e meritoriamente co empate a 0-0.
Pero estas son as grandes teimas dos adestradores, todo o traballo realizado na primeira metade, foise ó traste con dous zarpazos en 7 minutos.
Tras outro aviso de Añón que salvou Marcos (48´), tras un centro dende a esquerda dous xogadores chegan sos, e Santi Mina, en posición dubidosa, cabecea ó fondo das mallas raso e pegado ó pau, imposible para Marcos (49´).
Sensacional o internacional español sub18 que tanto está a dar que falar nestas semanas, apenas tres minutos despois rouballe a carteira a Pablo López, vaise por banda esquerda e pon o balón en bandexa pra que Añón marque de tiro raso e seco (52´). O impecable central coruñés, por certo, volvía á que foi a súa casa durante catro tempadas.
Pero o que son as cousas, cando o encontro parecía decidido, apenas dous minutos despois, o habilidoso Dieguito internouse por banda dereita, e dentro da área semella que é obstruido. A colexiada sinala penalti e por riba expulsa ó capitán Víctor Vázquez por ser a segunda amarela. O As Pontes podía recurtar distancias cando quedaba case toda a segunda metade por diante e cun xogador menos o rival.
Pero o xenial Bossa, que este ano leva 11 goles, tirou o penalti ó estilo de Panenka, tan frouxo que o porteiro visitante incluso tivo que dar un paso adiante pra poder coller o balón, que viña botando moi manseniño, xa que nin chegaba a portería.
Morreron ahí todas as esperanzas do As Pontes, que, iso si, a partir de ahí comezou a xerar ocasións, nunha xogada na que os locais reclamaban fora de xogo foise Arias en velocidade e ante a saída do porteiro rematou ó poste (62´). Dani queda so e saca Santiago co corpo (63´) e Pablo cabecea tras córner e despexa o porteiro coas luvas (64´). Incluso un centro chut de Domínguez que recordou ó seu segundo gol ó Deportivo B, saiu lamendo a escadra (68´).
Entremedias houbo unha xogada polémica na que os locais reclamaron expulsión, un xogador celeste vaise e entralle Rochela por detrás, o xogador cae, pero o central-lateral pontés semella que lle da ó balón, anque a colexiada sinala falta, pero logo non expulsa ó xogador pontés a pesar de que o vigués se marchaba so hacia a portería. Sacoulle cartón amarelo.
Nos último vinte minutos o As Pontes meteu na cova ó Celta, e gañou moito coa entrada de Cañizares, xunto con Bossa dirixindo, saiu o ariete Eloy, subiron as liñas e o filial celeste so chegaba en esporádicas contras, pero foi máis corazón que cabeza, a defensa olívica estivo moi ben prantada e os azuis caeron en numerosos foras de xogo. O máis destacado ata o final, un forte chut de Esmorís dende fóra da área (91´).
Non houbo tempo pra máis e o Celta sumou tres merecidos puntos ante un combativo As Pontes nun gran partido. Non consigue marcar en Vigo o cadro azul dende o seu retorno á Terceira División, Bouzas (7-0, 0-0, 1-0), e Celta B (2-0), aínda así, ogallá todas as visitas a Vigo sexan con 50 puntos no zurrón e xa salvados.
Salda con dúas derrotas asumibles o As Pontes nas dúas etapas pirenaicas ante Pontevedra e Celta B, pero quedan cinco xornadas e ante un gran Barbadás hai que tentar gañar o domingo no Poboado.
Os azuis son sextos con 50 puntos e os ourensáns, recén ascendidos e xa salvados, son oitavos con 47.
2 RC CELTA DE VIGO B. Óscar Santiago, Kevin, Maceira, Víctor Vázquez, Sergio Maestre, Antón, Santi Mina, Borja, Camochu (Aitor 71´), Rubén Martínez (Benja 77´) e David Añón (Moreira 55´).
0 CD AS PONTES. Marcos Bouza, Rochela,Jorge Nano (Esmorís 65´), Chote, Pablo López, Dani (Eloy 78´), Iván González (Cañizares 65´), Bossa, Sergio Arias, Dieguito e Pablo Domínguez.
Goles: 1-0, Santi Mina (49´), 2-0, David Añón (52´).
Campo e incidencias: Campo Municial de Barreiro en Lavadores. Uns 500 espectadores en mañá moi soleada.
Árbitro: Anna Zardain (Cataluña). Auxiliada nas bandas por Luis Ángel Carrasco e Kabir Frutos. Expulsou por dobre amonestación a Víctor Vázquez (54´). Amonestou a Rochela, Nano, Moreira e Maceira.
celta-aspontes
celta-aspontes
celta-aspontes
celta-aspontes
celta-aspontes
celta-aspontes
celta-aspontes
celta-aspontes
celta-aspontes
celta-aspontes
celta-aspontes
celta-aspontes
celta-aspontes
celta-aspontes
celta-aspontes
celta-aspontes
celta-aspontes
Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios