CLUB DEPORTIVO AS PONTES: CLARA DERROTA DO CADETE E EMPATE DO EQUIPO INFANTIL

37

CD As Pontes – Galicia de Caranza (1-4)
Xornada negativa para os conxuntos cadete e infantil do Club Deportivo As Pontes en partidos disputados o pasado sábado no Poboado.
O conxunto cadete caeu con toda xustiza diante do intratable líder, Galicia de Caranza, por 1-4, un resultado que se antolla curto dadas as ocasións de que dispuxo o equipo de Caranza, a pesar de que os ponteses vencían na primeira parte grazas ó gol de David Rey, que recibiu un pase longo do porteiro Ángel índose cara a portería rival para marcar o que ó final sería o único tanto do As Pontes.
A segunda parte é para esquecer, xa que os visitantes amosaron a súa superioridade goleando ós ponteses con catro tantos que incluso puideron ser máis.
O As Pontes segue na terceira posición a once puntos do Galicia de Caranza e a cinco do Val, que nesta xornada goleou (5-0) ó Galicia de Mugardos. Os azuis reciben ó outro Caranza, EFG, o sábado, sexto con 21 puntos.
O As Pontes aliñou de principio a Ángel, Alberto, Jorge, Álex Blanco, Caínzos, Iván, Álex Fernández, Brais Blanco, David Rey, Nahúm e Roberto. Na segunda parte entraron Iago, Brais Martínez, Raquel e Óscar.
cadete


cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
CD As Pontes-Racing de Ferrol (2-2)
Pola súa banda, o equipo infantil, tralo seu empate diante do líder Racing de Ferrol e a falta de cinco xornadas para o final, perdeu moitas opcións de acadar o título de liga e así facer o dobrete, para o que ten moitas posibilidades o cadro ferrolán con dous puntos máis cós ponteses e que na vindeira semana reciben ó terceiro clasificado, Portuarios, un rival tamén a ter en conta nesta loita polo título.
Os infantís ponteses comezaron o partido un tanto nerviosos e na primeira parte, a pesar de ter o vento en contra, crearon ocasións de gol por medio de Andrés, Ayrton, Josiño e Sergio Otero, pero unhas veces o balón foise ó longueiro e outras fóra por pouco. Sen embargo, serían os racinguistas os que se adiantarían no marcador nada máis comezar o partido. A pouco de chegar o descanso o árbitro, o ferrolán Daniel Pérez Ferro, anulou un gol legal dos ponteses. Na segunda parte volveron a marcar os de Ferrol tras un rigoroso penalti sinalado polo árbitro, quen a dicir verdade non tivo o seu día. O As Pontes marcaría tamén de penalti transformado por Andrés. Despois Alberte cabeceou un balón que o porteiro racinguista, que tivo unha gran actuación, desviou a córner. Un minuto despois tras un saque de esquina prodúcese un barullo na área visitante e o balón entra na porta despois de tocar nun defensor visitante, establecéndose o empate a dous goles que ó final sería o definitivo.
Xogaron de inicio polo As Pontes: Lino, Cazás, Martín, Alejandro, Esteban, Adrián, Andrés, Ayrton, Jandro, Sergio e Josiño. Na segunda parte entraron Manu, Alberte, Jorge e Antón no sitio de Cazás, Alejandro, Adrián e Josiño. Racing de Ferrol 46, As Pontes 44, Portuarios 41, Ortigueira 35, O Val 31. O As Pontes visita ó oitavo, Narón BP, mentres o Racing e Ferrol recibe ó Portuarios.
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios