O AS PONTES B VENCEU CON CLARIDADE Ó LÍDER MIÑO (3-0)

31

Importante vitoria do segundo equipo diante do líder Miño por tres goles a cero en partido da Segunda Autonómica xogado este domingo no Poboado que o coloca na segunda posición, agora a dous puntos do Miño. Incluso o coeficiente entre os dous, xa que en Miño o resultado foi de 3-1 a prol dos locais.
O As Pontes fixo un bo partido e dominou ó seu rival durante os noventa minutos. O primeiro gol chegaría no minuto 50 por obra de Fermín. Marcos Novo obtivo o segundo (min. 73) e pechou a conta goleadora Borja a falta de dous minutos para o tempo regulamentario.
aspontes-mino


Polo As Pontes xogaron Iván, Vicente, Nando, Palas, Carlos, Totti, Vila (Álex Antón, 89),arcos Novo (Púas, 77), Moya, Borja (Hugo, 89) e Narciso (Fermín, 41). Dirixiu o partido o ferrolán Víctor García Villaverde.
Nos outros encontros de equipos que loitan polo título, o Cariño gañou en Cabanas ó Xuventude por 2-6, Rápido de Neda e San Mateo empataron a un gol, A Capela tamén empatou (1-1) en Ortigueira e o Numancia de Ares venceu por 3-1 ó Galicia de Caranza.
Así as cousas, a clasificación segue liderada polo Miño con 56 puntos, seguido de As Pontes B (54), Cariño (53), R. Neda (53), San Mateo (52), Ortigueira (51) e Numancia de Ares (50). A falta de tres xornadas para o remate da liga, na vindeira xornada o As Pontes B visita ó Galicia de Mugardos B, décimo e case salvado, pero necesita dunha vitoria máis.
aspontes-mino
aspontes-mino
aspontes-mino
aspontes-mino
aspontes-mino
aspontes-mino
aspontes-mino
aspontes-mino
aspontes-mino
aspontes-mino
aspontes-mino
aspontes-mino
aspontes-mino
aspontes-mino
aspontes-mino
aspontes-mino
aspontes-mino
aspontes-mino
aspontes-mino
aspontes-mino
aspontes-mino
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios