O patrimonio pontés que levou o vento

138

esquecemento > Unha mina, a falta de protección, desinterese das adminsitracións e pouca conciencia por conservar o pasado foron a mestura perfecta nas Pontes para a perda continua de patrimonio durante anos. Hoxe algunhas voces esixen actuar e non esquecer.
patrimonio_1.jpg
[El Progreso, por Cristina Arias] Nun pobo que cambiou radicalmente de imaxe en menos dun siglo tres veces —pasou dun verde val á mina a ceo aberto máis grande de España para trocar finalmente nun xigante lago artificial—, o patrimonio pontés foi perdéndose co tempo, relegado ao olvido, combinación dunha mestura perfecta: falta de protección e conciencia sumadas a prácticas abusivas e expolios dos recursos naturais e ao desinterese e permisividade das distintas administracións.
Durante anos, denuncian dende a Plataforma na Defensa do Patrimonio Pontés —unha entidade que nace en 2005 para promover Mámoas As primeiras afectadas Máis de 80 mámoas foron arrasadas, sen escavacións ni documentacións previas, dende comenzos dos anos 70 ata a década dos 90 nas Pontes. Na imaxe, vese unha mámoa, ubicada no lugar de Carracedo, arrasada polo cazo dunha escavadora da mina. A Mourela O comenzo das reivindicacións A destrución da necrópole da Mourela iniciou as protestas veciñais e a creación da Plataforma na Defensa do Patrimonio. Non se conseguiu facer un túnel para non ter que derrubala, pero escavouse e recolleuse toda a información e todo o material para estudalo. e protexer o patrimonio da localidade ante o inmediato derrube da necrópole da Mourela—, a destrución das pegadas do pasado «foi sistemática». Algo, din, «que lonxe de mellorar a día de hoxe continúa».
patrimonio2.jpg
Os membros da plataforma, as voces máis críticas coa falta de protección do patrimonio pontés, aínda que non as únicas, fan nun informe un repaso sobre as destrucións máis graves acometidas no municipo dende principios do século XX. Nesa mirada ao pasado perdido denuncian todo tipo de agresións, vítimas dunha «mala combinación entre progreso e desenvolvemento sustentable», que van dende a desaparición de castros, mámoas ou petroglifos a cruces de pedra, camiños, fontes, ermidas e moitos outros elementos.
«Hai que ter en conta que só a explotación mineira das Pontes fixo sucumbir baixo as máquinas escavadoras a tres parroquias completas, desaparecendo en poucos anos, toda a historia acumulada durante xeracións dese territorio e das vivenzas dos seus habitantes», apuntan dende a Plataforma pontesa, ao mesmo tempo que recalcan que esta perda do patrimonio inmaterial «leva aparellada unha As máquinas derrubaron nun día as antigas casas fronte á igrexa. EP perda de identidade sustancial e irreversible».
patrimonio_3.jpg


A explotación da mina das Pontes remóntase á década dos anos 40, cando a empresa nacional Calvo Sotelo se asenta na localidade. Endesa toma o relevo no 1972 e en algo máis de 30 anos extrae da terra máis de 260 millóns de toneladas de carbón. O burato creado, hoxe cuberto de auga, tivo un impacto moi elevado na paisaxe, e tamén na historia e nos recursos de parroquias como Vilavella, O Seixo, Goente ou Espiñaredo e Seoane. A mina e a xigante entulleira borraron do mapa das Pontes máis de 60 lugares.
«Parello a explotación mineira xorde a problemática da conservación do patrimonio, que, se ben nos seus inicios non supoñía o máis mínimo contratempo, para os intereses da empresa, co tempo converteuse nun máis que aproveitable discurso propagandístico », critican Xosé María López e Marcial Tenreiro, autores do informe, que aseguran que o feito de que «as propiedades foran expropiadas a cambio dunha mellora laboral para os membros da familia e unha indemnización a cambio da perda de todas as súas pertenzas, fixo que se perdese de vista a necesidade de conservar determinados elementos da vida cotiá das persoas».
mina. Na década dos 70, co desmonte de terras no lugar de Portorroibo, na parroquia do Seixo, inícianse as destrucións patrimoniais. A primeira, unha ermida do século IV e un cemiterio paleocristiano. Deles quedan algúns planos no arquivo municipal e unha ara romana, que se conserva hoxe nas dependencias municipais. Depois, chegou a destrución do Castro da Uz, emprazado na Vilavella, e que hoxe só se recorda no nome dun dos institutos das Pontes. «Foi arrasado por completo sen practicar ningún tipo de escavación », recordan dende a Plataforma, mentres critican que «nese tempo foron expoliados moitos materiais arqueolóxicos (utensilios de metal, fragmentos cerámicos, alfaias…) polos propios traballadores da empresa».
«Foron arrasadas máis de 80 mámoas sen escavacións nin documentación previas», indican. Ata os anos 90, «cando a empresa comenzou a escavar algunhas mámoas, froito da configuración das primeiras políticas de preservación e conservación do patrimonio promovidas dende a adminsitración autonómica». O problema, recalcan, é que ese material «hoxe se atopa nun almacén municipal, sen consolidar».
rede viaria. Coa industrialización e o crecemento poboacional, a comenzos da década dos 80 desenvolveuse a rede viaria do municipio. Froito disto, indican no informe da Plataforma das Pontes, a vía que uniu o lugar de Vila coa parroquia de Ribadeume fixo desaparecer o Castro de Ribadeume, «nun escuro episodio da nosa historia local» no que incluso se comenta que «un busto esculpido en granito do que asemellaba ser un guerreiro con escudo foi empregado como recheo da propia estrada».
Algo que se repetiu anos despois, cando en 2007 as obras da AG-64 acabaron con parte da necrópole prehistórica da Mourela, que quedou dividida en dúas pola nova estrada. Non foi a primeira vez que o desenvolvemento afectou a este elemento patrimonial. Anos antes, no 1991 e coa construción do polígono dos Airíos, xa se destruíran outras dúas mámoas. Hoxe só sobreviven tres. «A proposta de execución dun túnel baixo a necrópole da Mourela, que foi apoiada nun principio pola propia adminsitración autonómica e era asumible tanto tecnicamente como orzamentariamente, non foi tida en conta finalmente dando paso á destrución dun elemento senlleiro da arqueoloxía galega», critican os membros da plataforma, unha entidade que naceu xusto nesas datas para protexer o patrimonio e que iniciou un movemento social de protesta e concienciación da xente.
CASCO URBANO. A destrución do patrimonio non afectou só ás zonas industriais, tamén hai moitos elementos aniquilados por agresivas prácticas forestais e labouras agrarias. O casco urbano non esquiva tampouco o problema. No 1990 a administración local apostou por tirar abaixo as vivendas tradicionais que se localizaban diante da igrexa parroquial coa intención de habilitar unha praza.
«Sen atender á prohibición da Dirección Xeral de Patrimonio, derrubouse unha mazá enteira de vivendas tradicionais, casas que podían ter máis de 300 anos de antigüidade », explican os membros da plataforma, que aseguran que o derrube durou unha mañá e nun día as casas deixaron de existir. Non houbo permisos, tampouco expedientes sancionadores. E non foi a única actuación nesta zona.
Durante o ano 2011, realizáronse obras no casco histórico, financiadas con fondos do Plan E. A plataforma denunciou que as obras se estaban a levar a cabo sen autorización, outra vez, de Patrimonio, e dende o Concello defenderon que o motivo era a falta de tempo para xustificar o orzamento. As obras, coas que se cambiou o firme dalgunhas rúas para mellorar o abastecemento da zona, afectaron á Ponte dos Ferros, «cando un camión que descargaba material guindou unha das pedras da cornixa lateral ao pousar unha das patas da grúa sobre a mesma». Hoxe, a pedra foi sustituída por unha chapa de ferro.
OUTROS ELEMENTOS. No seu informe, a Plataforma na Defensa do Patrimonio, ademais do repaso polas destrucións e os maiores impactos no patrimonio local, reclama actuacións noutros puntos de interese, hoxe case abandonados, como a Fonte das Boliqueiras ou o Camiño dos Arrieiros.
«A Fonte das Boliqueiras é outro dos elementos patrimoniais do concello que foron afectados polas obras da AG-64», recordan, mentres fan fincapé en que está sen sinalizar e «a pista de acceso á fonte a día de hoxe atópase en estado de abandono». Ademais, «a contorno atópase totalmente cuberto por vexetación arbustiva que dificulta o seu acceso».
Respecto ao Camiño dos Arrieiros, unha vía prehistórica que unía As Pontes con Estaca de Bares ao longo duns 50 kilómetros, o que reclaman é un estudo do seu trazado e o seu acondicionamento. «O camiño atópase debidamente sinalizado ao seu paso por Mañón e Ortigueira, non así nas Pontes», comentan, mentres albiscan un posible cambio: «O Concello móstrase receptivo».
Intentos
Grupo Federico Maciñeira, LIA e comisión local
O longo dos anos houbo varios intentos de conservar o patrimonio pontés. Entre 1989 e 1992 traballou nas escavacións da mina o Grupo de Arqueoloxía Federico Maciñeira. Porén, pouca parte do seu traballo é coñecido na actualidade.
Laboratorio
No ano 2000 nace o Laboratorio de Investigacións Arqueolóxicas (LIA), que recolle materiais e desenvolve estudos durante anos na localidade. Dispón de información gráfica de 20 escavacións, pero todo o material recollido está sen inventariar e sen dar a coñecer. Durante anos estivo almacenado na estación de autobuses. Hoxe trasladouse a unha nave municipal no polígono dos Airíos.
A última iniciativa
Nas últimas décadas xurdiron asociacións como a Plataforma e Hume. O Concello, ademais, acaba de crear este ano unha comisión de patrimonio con representación dos grupos políticos e das asociacións.
Plataforma
Oito anos na loita da conservación do patrimonio
A Plataforma na Defensa do Patrimonio das Pontes nace no 2005 a través dun grupo de veciños e de veciñas da vila que tratan de protexer o patrimonio pontés e poñelo en valor. No 2006, coa inminente destrución da necrópole da Mourela, realizan diferentes actos: reivindicacións, manifestacións, recollida de firmas, mesas redondas e diferentes vídeos divulgativos.
Máis de 50 socios
Na actualidade a plataforma conta con máis de 50 socios, cifra que vai crecendo co paso dos anos con xente que se suma ás súas iniciativas.
Actividades
Ao longo do ano a plataforma organiza un Roteiro Cultural polo Camiño dos Arrieiros –este sábado sumáronse a esta iniciativa, que leva funcionando catro anos, máis de 40 persoas— e as Xornadas Mouras, unha cita co patrimonio que acolle varias conferencias e visitas guiadas tanto ao Museo Etnográfico Monte Caxado como a outros elementos patrimoniais. A maiores, os membros da plataforma fan un labor de seguemento e control dos elementos arqueolóxicos do concello, en concreto das mámoas e dos castros das Pontes e dos seus arredores.
Comisión de patrimonio
A plataforma forma parte, xunto con Hume e representantes de tódolos grupos políticos, da recentemente creada comisión de patrimonio local. «Estamos bastante ilusionados porque hai unha receptivivdade e é unha oportunidade para dar un pulo ao patrimonio local», explica Xosé María López.
Reivindicacións
Dentro das principais reivindicacións da plataforma, está dar a coñecer tódolos materiais que integran o fondo arqueolóxico local e que hoxe están nunha nave no polígono dos Airíos. «Faremos unha visita á nave en breve e esperamos que co tempo estos materiais se den a coñecer, xa sexa nunha exposición temporal ou permanente», aseguran. Unha das súas grandes peticións ao goberno local, e unha das máis reiteradas, é a posta en marcha dun centro de interpretación do patrimonio cultural e natural das Pontes.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios