TERCEIRA DIVISIÓN: CD AS PONTES 3 UD BARBADÁS 1

37

Vitoria do As Pontes ante a revelación da tempada, o cadro ourensán do Barbadás, por 3 a 1, nun resultado un tanto enganoso, anque non se poden restar méritos ó triunfo local.
Tras salvar Marcos dous cabezazos en sendos córners visitantes (15´), Eloy puido marcar tras gran xogada persoal e disparo final que pasa preto da escadra (17´). O propio xogador coruñés tivo unha inmellorable tres minutos despois que lle caeu o balón nos pes dentro da área pero pica en exceso ante Berto.
Un tiro lonxano de Amado (25´) precedeu ó primeiro gol do encontro, nunha xogada na que Bossa se interna por banda dereita, o balón chega a Arias, que cun disparo frouxo pero cruzado o balón acaba entrando e pon o 1-0 no electrónico (38´). Inmediatamente despois, un disparo de Felipe salvao Marcos co corpo a bocaxarro, e nunha contra Eloy non chega antes que Berto por pouco.
terceira


Dous minutos durou a ledicia local, pois no 40´ Alfredo dende o vértice da área, sen que ninguén lle entre, dispara cruzado, Marcos non chega e o balón acaba entrando polo segundo pau pegado ó poste.
Asi se chegou ó descanso, a pouco de comezar os visitantes non souberon montar unha contra na que un xogador, Prada, se desmarcaba so (48´). Bossa lanzou unha perigosa falta ó lateral da rede (49´). Tirazo de Cañizares no 54´, que salva con apuros Berto, ata que no 57´ tras unha internada por banda dereita e posterior centro, o colexiado entende que un visitante intercepta o balón coa man e sinal penalti.
Lanzao Bossa, que marca de forte disparo enganando ó porteiro (57´), conseguindo o seu 12º tanto da tempada. Dura semana pra o mago de Viveiro, xa que inxustamente se falou moito do penalti de Vigo pero pouco do gol de falta ante o Vilalbés do ano pasado.
A partir de ahí puideron empatar os ourensáns, Rafita por banda esquerda era un incordio, o mellor do encontro, e en sendos centros marcaron Felipe (63´) e Prada (66´), pero o xuíz de liña decretou fora de xogo en ambos, parece que con bo criterio.
Entremedias, no 64´ forte disparo de Cañizares que Berto despexa milagrosamente a córner co pe esquerdo, e tras ese mesmo córner a piques esta Domínguez de anotar un tanto olímpico (65´).
Seguían atacando os visitantes e tras unha xogada de asedio, o As Pontes consigue montar o contragolpe, Cañi cede a Arias, este a Eloy, que regatea ó porteiro e remata, salva un defensa baixo paus, pero atento ó rexeite Cañizares marca por alto (74´) a que parecía a sentencia.
Preto do final, noutra gran xogada persoal Eloy remata ó poste (87´). O mesmo xogador estivo algo lento nunha xogada na que quedou so (90´) e apenas un minuto máis tarde Dieguito en posición franca remata cruzado un centro.
Non houbo tempo pra máis e a falta de 4 xornadas pra o remate o As Pontes afianzase na sexta posición con 53 puntos. Sería interesante manter ese posto por detrás dos cinco trasatlánticos, asi que nas visitas a Carballo e Compostela e recibindo a Ordes e Somozas no derbi (rivais directos ambos), hai que tentar sacar 6 ou 7 puntos.
De momento compricada visita ó Bergantiños a semana que ven.
3 CD AS PONTES . Marcos, Rochela, Jorge Nano, Dani, Pablo López, David Amado (Dieguito 69´), Sergio Arias, Bossa (Hugo 88´), Eloy, Cañizares (Chote 82´) e Pablo Domínguez.
1 UD BARBADÁS. Berto, Jorge (Abelardo 77´), Alfredo, Quintairos, Vieytes (Diego López 57´), Currás, Prada, Luis, Rafita, Felipe (Omar 72´), Oli.
Goles: 1-0, Arias (38´), 1-1, Alfredo (40´). 2-1, Bossa, de penalti (57´), 3-1, Cañizares (74´).
Campo e incidencias: Campo de O Poboado. 200 espectadores en tarde soleada.
Árbitros: Sergio Espasandín Cores (A Coruña). Auxiliado por Cousillas Collazo e Gándara Bello. Amonestou a Currás, Berto, Alfredo, Chote e expulsou a Domínguez por dobre amonestación ó cortar un ataque coa man (87´).
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios