PADEL EUME MATOJOMA: INMELLORABLE COMEZO NA LOITA POLO ASCENSO

50

Non se pode pedir un mellor comezo de eliminatorias de play off para os ponteses de padel eume matojoma, escomezaban a sua andadura coma visitantes nas pistas dos coruñeses padel feans e case que deixan a eliminatoria sentenciada vencendo por un contundente 1-4 o cal os deixa nunha inmellorable posición para o enfrontamento de volta .
Como parella un formaban Santiago Franco e Fernando Caaveiro os cales escomezaban o partido con un altísimo ritmo deixando en pouco mais de 15 min un claro 5/1 favorable no primeiro set, no segundo os coruñeses meteronse un pouco mais no encontró e deron algo mais de guerra, resultado final 6/1 6/4 para os nosos.
Pachi Dopico e David Lago salían coma numero dous marcando as distancias dende o primeiro xogo con un fácil e contundente 6/0 e un traballado segundo set 6/4 poñian o 0-2 na eliminatoria , cabe destacar o gran partido de lago que foi todo un muro inexpugnable para os coruñeses.
Os primos Santi Barro e Daniel Pena formaban a terceira enfronta, con un partido moi serio daban o equipo o terceiro punto da eliminatoria por un claro 6/3 6/4.
padel_1.jpg
Xalo Maira e Marcos Fdez como cuarto partido non conseguiron entrar en xogo en ningún momento e despois dun igualado primeiro set perdíano por 6/3 no segundo intentarono de todos os xeitos posibles pero os locais mostrabanse confiados e solidos vencendo por un comodo 6/1.
padel_3.jpg
Quinta e ultima parella formada por Poti Leal e Angel Cañizares escomezaron moi fortes o primeiro set vencendo por un claro 6/3 logo chegou a relaxacion e con ela as impresicions levando o set a unha igualdade perigosa, pero o final non lles temblou a man e venceron por un axustado 6/4.
O equipo pontes prácticamente deixa encarrilado a semifinal polo play off de ascenso na volta con gañar 2 partidos estaría xa na final da quinta categoría con un posto de ascenso en xogo.
padel_2.jpg


Nova cortesía de Fernando Caaveiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios