CLUB DE PÁDEL AS PONTES: O equipo feminino logra o terceiro triunfo ante o Newton Neco Pádel da Coruña (3-2)

135

O conxunto feminino do Club de Pádel As Pontes acadou un importante triunfo diante do cuarto clasificado, Newton Neco Pádel coruñés, por tres vitorias a dúas.
No primeiro enfrontamento a parella formada por Sara Guerreiro e Sandra Pajón venceron ás coruñesas Mª Antonia Labora e Rosario Seijas por 2-0 (6-3 e 6-2). Obdulia García e Mercedes Dopico perderon por 0-2 (1-6 e 0-6) ante Cristina Lopo e Maribel Fraga, o mesmo que Vanesa Martínez e Carmen Sánchez (1-6 e 2-6) fronte a Marisol Mourelle e Patricia del Castillo. Tocaba reaccionar e as seguintes parellas acadaron os dous puntos que supuxeron o triunfo das pontesas.
Rocío Guizán e Elena Corrales, perderon o primeiro set ante Ana García e Eva Filgueiras por 3-6, pero reaccionaron no seguinte para impoñerse por 6-4 e no definitivo por 6-3. No derradeiro enfrontamento Cecilia García e Panambí Andrade non tiveron problemas para superar a Carmen Ricoy e Antía García por 6-2 e 6-1.
Logo de disputada a décimo primeira xornada de liga, as pontesas ocupan a décima posición con tres puntos. Lidera a clasificación o ADC Pádel Nito, de Viveiro, seguido de Comic+QPadel, de Lugo, mentres que Padel A Pedralba, de Bergondo, é terceiro.
Na vindeira xornada o Padel As Pontes desprázase a Ferrol para enfrontarse ó Casino Ferrolano Tenis Club o domingo 28 (17,00).
padel


padel
padel
padel
padel
padel
padel
padel
padel
padel
padel
padel
padel
padel
padel
padel
padel
padel
padel
padel
padel
padel
padel
padel
padel
padel
padel
padel
padel
padel
padel
padel
padel
padel
Nova cortesía A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios