O roteiro cultural polo Camiño dos Arrieiros aprázase ao día 4 de maio por mor da choiva

147

A previsión dunha borrasca que se achega a Galicia polo Norte e que deixará chuvascos moderados durante a fin de semana, fixo que a Plataforma na Defensa do Patrimonio das Pontes aprazase o roteiro cultural previsto para este sábado día 27, ao sábado 4 de maio.
A inscrición ao roteiro continúa aberta para todas aquelas persoas que desexen participar na actividade, que levará aos seus participantes entre os concellos de As Pontes e Mañón pola antiga vía coñecida como Camiño dos Arrieiros.
A inscrición ao roteiro ten un custe de 5 euros para os socios e de 12 euros para os non socios. O prazo de inscrición remata o venres 3 de maio.
Máis información e inscricións

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios