CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS DO 1 DE MAIO DE 2013

63

O CD AS PONTES INFANTIL CLASIFICADO PARA DISPUTAR A FASE DE ASCENSO Á LIGA GALEGA
C.D. As Pontes – Eume Deportivo (3-1)
O conxunto infantil do Club Deportivo As Pontes clasificouse matematicamente para disputar a fase de ascenso á liga galega despois do seu triunfo sobre o Eume Deportivo por 3-1 nun partido moi disputado pero con maior dominio pontés. Comezaron marcando os ponteses no minuto 28 por mediación de Alberte. Sete minutos despois empatou o Eume, resultado co que se chegou ó descanso.
A pouco de comezar o segundo tempo Andrés pon por diante ó As Pontes e no minuto 23 Jandro estableceu o resultado definitivo de 3-1 a prol dos ponteses. Un triunfo que os confirma na segunda posición, pase o que pase nas dúas xornadas que restan para o final de liga, pois superan en seis puntos ó terceiro clasificado, Portuarios, ó que o As Pontes gañou os dous partidos (3-0 no Poboado e 1-2 en Ferrol).
O As Pontes aínda ten posibilidades de acadar o título de liga co que rematarían a temporada cun histórico dobrete; pero, para iso teñen que vencer ó Val e Ortigueira e que o Racing de Ferrol perda un dos dous compromisos que lle quedan ante Galicia de Caranza B e Cultural de Maniños.
O As Pontes aliñou de inicio a Lino, Cazás, Manu, Esteban, Martín, Jorge, Andrés, Ayrton, Alberte, Sergio e Josiño. No segundo tempo entraron Malena, Diego Criado, Andrián, Jandro e Antón. O As Pontes recibe este sábado no Poboado ó Val.
infantil


infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
PRIMEIRA AUTONÓMICA CADETE: C.D. As Pontes – Eume Deportivo (2-0)
Importante vitoria do equipo cadete, que na tarde de onte superou ó Eume Deportivo por dous goles a cero nun partido tenso e moi disputado, a veces con xogo brusco. A iniciativa sempre foi do As Pontes, que ós 38 minutos lograba o primeiro gol por obra de Fernández a pase de Roberto. Na segunda parte houbo ocasións para os dous equipos, pero tan só subiu unha ó marcador. Sería David Rey quen poñería o 2-0 definitivo no minuto 38 deste segundo tempo.
Polo As Pontes xogaron: Ángel, Alberto (Brais M.), Jorge, Álex Blanco, Caínzos, Iván, Fernández, Brais B, David Rey (Álvarez), Nahúm (Iago) E Roberto (Raquel).
O As Pontes segue na terceira posición con 47 puntos, a dous do Val, que é segundo. O Galicia de Caranza, primeiro, xa está clasificado para disputar a fase de ascenso á liga galega. O As Pontes ten posibilidades de acceder a esta fase sempre que gañe os dous partidos que lle quedan ante Maniños, no Poboado, e Meirás no Misael Prieto e que o Val non puntúe nun dos dous partidos, ben ante Ánimas na vindeira xornada ou na derradeira recibindo na casa ó líder Galicia de Caranza.
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
CATEGORÍA ALEVÍN F-8
C.D. As Pontes – Narón BP (2-1)
U.D. Cebarca – C.D. As Pontes B (2-2)
Xornada positiva para os dous equipos alevíns. O conxunto A gañou pola mínima (2-1) no Poboado ó Narón BP Piñeiros. Marcaron polo As Pontes Javi e Mateo. O As Pontes ocupa a sétima posición con 21 puntos, mentres que O Val e Galicia de Caranza B son primeiros e xa están clasificados para a fase provincial.
Pola súa banda, o As Pontes B empatou a dous goles na Barqueira diante do Cebarca. É sexto con 26 puntos nunha liga que lideran, con 41 puntos, Eume Deportivo B e Galicia de Caranza E.
alevin
alevin
alevin
alevin
alevin
alevin
alevin
alevin
alevin
alevin
alevin
alevin
CATEGORÍA BENXAMÍN F-8
C.D. As Pontes – Gª Mugardos (4-2)
C.D. San Sadurniño – C.D. As Pontes B (0-4)
Pleno de vitorias na categoría benxamín, co As Pontes A, que rubricou na casa o recen conquistado título de liga ó vencer ó Galicia de Mugardos -cuxos xogadores fiexeron corredor ós ponteses polo título de liga- por catro goles a dous nun partido que comezaron perdendo pero que ó final lograron gañar con goles de Javi, en dúas ocasións, Manuel e Joan. Na derradeira xornada o As Pontes visita ó Racing de Ferrol B, penúltimo con 17 puntos.
Pola súa banda, o conxunto B gañou con claridade (0-4) en San Sadurniño con goles de Samuel, Agustín, Lois e Hugo. Ocupa a oitava posición con vinte puntos e na derradeira xornada recibe no Poboado ó Miño, terceiro.
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios