O PONTÉS GABRIEL TEMBRÁS CORRALES, CAMPIÓN DE EUROPA

567

O pequeno taekwondista pontés Gabriel Tembrás deulle onte unha gran alegría ó deporte pontés ó proclamarse ós seus 11 anos Campión de Europa Junior de Taekwondo en Poomsae.
As Pontes viuse moi inxustamente privada esta fin de semana da gran festa das piraguas polas inclemencias do tempo. Nunca tantos campións do mundo se daban cita na nosa localidade, o Príncipe de Asturias Manolo Busto (10), Emilio Merchán (5), Álvaro Fernández Fiuza (3), Walter Bouzán (3), Tono Campos (1), Jorge Alonso (1) … e tantos outros moitos dos que non puidemos disfrutar da súa valía nin sacarnos fotos con eles.
Pero no día de onte Gabriel pasou á historia do deporte pontés. Temos que facer memoria para recordar, ou polo menos intentalo, a tódolos medallistas ponteses a nivel internacional, e agardemos non olvidarnos de ningún.
tembras.jpg
Campión de Europa sub23 de Piraguismo foi Borja Prieto; e sub17 de Fútbol David Rochela, que ademáis logrou o subcampionato mundial da categoría; subcampiona de Europa junior e absoluta de tiro con arco foi a gran Gema Buitrón; subcampiona de Europa e bronce mundial junior de Taekwondo Lucía Legaspi. Daniel Feijoo foi dobre subcampión mundial junior de Piraguismo. Campión da Copa de Europa Alevín de Patinaxe foi Mario Calzas, competicións nas que Olalla Barcia e Vanessa Carballeira conseguiron a medalla de bronce. A gran atleta Susana Castro foi dobre medallista de bronce en competición internacional coa selección española; o sempiterno Antonio Polo foi medalla de prata na Copa de Europa de Maratón de Piraguismo; Roberto Rivera Rego foi campión do mundo en 2005 como adestrador da selección española sub21 de Kayak Polo; Artemio Formoso foi campión do mundo de Tiro; e Jose Rodríguez López campión do mundo de Kung Fu (SUSKA). Tamén gañaron o Descenso do Sella, a máis importante cita do mundo do Piraguismo, Obdulia García, por 2 veces, Javier Mieres, Susana Bellas e o inesquecible Jose Ramón Corral. Miguel Alvariño acabase de estrear coa selección española absoluta de Tiro con Arco, aínda sendo junior, con unha medalla de bronce. Se nos olvidamos de alguén, desculpas.
Gabriel competiu con apenas once anos na categoría junior, onde participan rapaces de 12 ata 17 anos inclusive, en Freestyle, combinacións técnicas e acrobacias, coreografiadas con música. Logrou un dos cinco ouros que conseguiu España no día de onte.
O taekwondista da Escola Municipal pontesa adestra no Moo Duk Kwan da localidade vilalbesa.
Nos Campionatos de Europa de Poomsae que se están a disputar na localidade alicantina de La Nucia a delegación española suma, a falta da última xornada que se levará a cabo no día de hoxe, 21 medallas, 9 ouros, 5 pratas e 7 bronces.
cartel.jpg


Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios