TERCEIRA DIVISIÓN: CD AS PONTES 2 SD ORDES 1

109

Victoria do As Pontes sobre o Ordes por 2 a 1 na tarde soleada de hoxe no gran duelo dos modestos, tendo en conta que Ferrol, Celta B, Deportivo B, Compostela e Pontevedra son de outra Liga, o encontro de hoxe víase como a loita polo meritorio título dos máis humildes.
O de humildes é un dicir, presentabase o cadro moi ben dirixido polo ex futbolista de Primeira División Nacho, con xogadores da talla de Cabrejo, Padín, Baleato, Cea, Capelo, Regos, Castro … en fin, que os verdes non van tan arriba froito da casualidade. Enfronte estaba o equipo azul, que xa suma 56 puntos.
terceira


Xogadón de Bossa con disparo final que se vai fora (7´), ó que resposta Castro, cunha vaselina á reviravolta que sae por pouco (13´).
O primeiro gol, como non, de Bossa, o 13ª da tempada, lanza unha falta dende banda esquerda, o balón bota ante Mario, dalle cos puños pero acaba entrando por alto (26´).
O propio xogador viveirense puido poñer terra de por medio no 35´, cando lanzou outra falta e co seu guante mandou o balón ó poste co porteiro xa batido.
Bossa en estado de gracia lanza un córner ó lateral do pau (38´) e posteriormente Amado controla ben na área co peito, dispara, saca Mario co corpo e o posterior rexeite volve ós pes de David pero escápaselle o balón (41´).
Cun disparo do mítico Padín que saca Marcos cos puños acabou a primeira metade (44´).
Na segunda os verdes foron a polo empate, embotellaron ós azuis, e froito desa presión chegou o gol, tras decretar o árbitro unha rigurosa cesión a dous metros de portería, nun lanzamento maxistralemente executado por Alex Castro que conseguía desa maneira a igualada (56´). Previamente Padín tirou unha falta, e anque Marcos estivo a piques de chegarlle, o balón foi ó longueiro (51´).
Quizais lles faltou ós azuis, un berro, un pelotazo, ralentizar algo o xogo para sacudirse esa presión.
Inmediatamente Pablo Domínguez nunha xogada parecida ó gol contra o filial do Depor pero dentro da área sacou un zapatazo e despexou cos puños Mario (57´), inmediatamente despois cabecea Baleato pero despexa ben a córner Marcos (58´).
Sufría o As Pontes e casi fai penalti Chote sobre Capelo, pero tras un disparo local e rexeite da defensa verde o balón cae nos pes de Esmorís dentro da área pequena, que non desaproveita a ocasión o de Cerdido para fusilar e poñer o 2 a 1.
Tras un cabezazo de Capelo en posición inmellorable atallado por Marcos (68´) e un forte disparo do gladiador Nano dende fóra da área que desviou a córner con apuros Mario (71´), entrouse nunha fase na que o Ordes buscaba o empate sen moito convencemento e o As Pontes tentaba amarrar os tres puntos.
Sen grandes ocasións chegouse ó final e o As Pontes situase sexto con 56, seguido dos de Ordes con 55. Oitavo está o Barbadás con 47 puntos así que entre estes dous equipos estará a sexta posición en xogo. Os locais reciben ó Somozas no derbi a semana que vén e a última xornada rinden visita ó Compostela. Os verdes reciben ós santiagueses precisamente na vindeira xornada e rematan a Liga en Dorneda.
Xogou no segundo tempo o talentoso punta do filial Borja e no banquiño estivo o prometedor gardameta cadete Ángel Prieto.
2 As Pontes. Marcos, Rochela, Jorge Nano, Chote, Esmorís, Dani, Iván González (Eloy 87´), Bossa, Sergio Arias (Hugo 74´), David Amado (Borja 65´), Pablo Domínguez.
1 Ordes. Mario, Torres, Rubén, Antonio, Baleato (Denis 69´), Padín, Alex Castro, Alvaro V (Suso 80´), Cea (Álvaro P. 76´), Cabrejo, Capelo.
Goles: 1-0, Bossa (26´). 1-1, Alex Castro (56´). 2-1, Esmorís (64´).
Campo e incidencias: Campo de O Poboado, uns 200 espectadores en tarde soleada. Retirouse lesionado no desconto Capelo.
Árbitro: Daniel Arias Pena (Vigo). Auxiliado nas bandas por Claro Alonso e Estevez Alonso. Amoestou a Cea, Nano e Iván González.
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios