LIGA GALEGA XUVENIL: CD AS PONTES 0 – RACING VILALBÉS 1

73

Derrota do As Pontes no derbi do día de onte ante o Vilalbés por 0-1, nun mal partido, victoria coa que os lugueses superan ó As Pontes na clasificación.
Perdeu onte o cadro de Carballo o primeiro dos tres compricados partidos que lle quedan de aquí ó final de Liga, pois no seguinte reciben ó quinto, Orillamar, e na derradeira xornada visitan ó Val, terceiro. Afortunadamente, xa están salvados.
O encontro complicouse nos últimos momentos, os visitantes reclamaron tres tantos anulados en fora de xogo e os locais un penalti por man vilalbesa dentro da área.
xuvenil


Como dato anecdótico, a celebración no campo da despedida de solteira da xogadora do equipo feminino Laura.
Lidera Caranza con 71, Residencia 67, ascendidos, O Val 55, Lugo B 52, Orillamar e Vilalbés 51, As Pontes 50, EF Lalín 49, Fátima 48, Bergantiños 47, Milagrosa 46 e no límite Negreira con 44. En posición de descenso agora mesmo estarían Boiro, tamén con 44, Conxo B 41, Montañeros B 39, e xa descendidos Viveiro 32, Brexo Lema 27 e Eume 10 puntos.
Xogaron Krikry, Darío, Rubén (Esteban 70´), Diego, Gonza, Juan (Capela 80´), Jandro (Adrián 45´), Alex Montero, Javi (Tiny 70´), Dani Villar (Magi 65´) e Criado.
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios