O WIGAN ATHLETIC CAMPIÓN DA F.A CUP 2013

24

O futbolista pontés Adrián López, ven de proclamarse onte co seu equipo, o Wigan Ahtletic, campión da prestixiosa F.A. Cup inglesa; o torneo máis antigo do mundo, con 131 edicións disputadas, e que conta como máximos gañadores no seu palmarés a Manchester United (11) e Arsenal (10); ó vencer ó todopoderoso Manchester City por 1 gol a 0, tanto anotado no desconto por Ben Watson (91´) á saída dun corner, cando o City xa estaba xogando con dez por expulsión de Zabaleta (84´).
wigan_0001.jpg
No mítico Wembley, ante casi 90 mil espectadores, venceu David a Goliath, e con todo merecimento, xa na primeira parte reclamou o Wigan un posible penalti a Espinoza, e mediado o segundo tempo Maloney estrelou unha falta no longueiro. Cocíase o gol ata que no desconto Watson ante o delirio dos seus hinchas facía que o seu equipo entrara a formar parte da historia do fútbol británico. Xogaron polo Wigan, Joel, Boyce, Alcaraz, Scharner, Espinoza, Gómez (Watson), McArthur, McCarthy, McManaman, Koné e Maloney, e polo Manchester City Hart, Zabaleta, Kompany, Nastasic, Clichy, Touré Yaya, Barry (Dzeko), Silva, Tévez (Rodwell), Nasri (Milner) e Agüero.
wigan_0002.jpg


Dirixidos maxistralmente por Roberto Martínez, no primeiro equipo conta con varios futbolistas españois, o habilidoso extremo Albert Crusat, do que un garda un grato recordo cando en 1999 quedou campión de Europa con España sub17 na República Checa, despois de vencer España sucesivamente a Malta (6-0), Escocia (1-0), Croacia (2-0), Rusia (1-0), Polonia (3-0), Israel (5-1) Alemania (4-0) e novamente Polonia (4-1) na final, si a memoria non me falla, o medio centro Jordi Gómez, o central Iván Ramis, o porteiro vello coñecido de David Rochela nos seus inicios na selección española, o colchoneiro Joel Robles, que curiosamente non chegara a disputar os campionatos do 2007 con David, en detrimento de David De Gea, Yelco Ramos e o vigués Diego Mariño. Tamén conta co central Román Golobart, internacional nas categorías inferiores, e co lateral dereito Edu Campabadal, subcampión de Europa sub17 en 2010.
Non terán moito tempo para a celebración, pois cando apenas quedan dúas xornadas para o remate da Liga, van terceiros pola cola, a última das prazas de descenso da Liga Inglesa, con Queens Park Rangers (25) e Reading (28), xa descendidos, o Wigan ten 35, e está a tres puntos de Newcastle, Norwich City e Sunderland, e a catro do Southampton. Este martes rinde visita o compricado Arsenal, que vai cuarto, e o domingo reciben ó Aston Villa. Curiosamente dependen deles mesmos, necesitan gañar os dous partidos e sumar 41 puntos, porque o Aston Villa ten 40 puntos pero so lles resta por xogar o encontro do domingo no DW Stadium. Un Wigan ó que se lle foi media salvación perdendo fronte ó outro equipo “español”, o Swansea, 2-3, este pasado martes, pensando na final. Iso si, sálvense ou non, ninguén lles poderá quitar o pracer de xogar a Champions League 2013-14 e entrar na historia do fútbol inglés.
wigan_0003.jpg
wigan_0004.jpg
wigan_0005.jpg
wigan_0006.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios