TERCEIRA DIVISIÓN: C.D. AS PONTES – U.D. SOMOZAS (1-0)

48

O temperán gol de David Amado ós cincuenta segundos de iniciarse o partido serviu para que o As Pontes vencera ó Somozas nun partido moi disputado, pero con máis control do balón e dominio por parte dos ponteses. Tralo gol o Somozas foise para adiante intentando igualar o encontro, pero o As Pontes defendíase ben e contragolpeaba con perigo. Puido incrementar a vantaxe o equipo pontés no minuto oito cando Chote na boca de gol envía o esférico fóra. Posteriormente, Berros dispara dende lonxe que se vai fóra da porta pontesa e no 23 o meta Marcos chapou un balón ante Carlos. Diego, polo Somozas, Sergio Arias e de novo Chote tiveron boas ocasións para marcar. A mellor ocasión do Somozas neste primeiro tempo foi no minuto 42 cando un forte chut de Carlos que Marcos despexou coa punta da man a córner. A piques de rematar o primeiro tempo Sergio Arias plantouse só ante Abraham e o dianteiro de Portomarín enviou o balón alto.
somozas


O segundo tempo comezou como a primeira parte, xa que no primeiro minuto nun ataque levado pola banda dereita Borja centra e David Amado non chegou a rematar estando o porteiro batido. Despois Sergio Arias manda un forte disparo que Abraham despexou a córner, e de novo David Amado envía o balón rozando o poste da portería do meta somocense. Respondeu o Somozas por mediación de Diego e Rubén en dúas ocasións. Nos instantes finais o Somozas, tratando de empatar o encontro, achegábase con perigo á portería local e así no minuto 43 Piscu na boca de gol estivo a piques de logralo, pero Marcos noutra xenial intervención mandou o balón fóra, rematando o partido con vitoria do As Pontes que lle asegura matematicamente a sexta posición, xa que supera en catro puntos ó Ordes, que nesta penúltima xornada perdeu na casa diante do Compostela, equipo que visitará o As Pontes no derradeiro partido de liga.
FICHA DO PARTIDO
CD AS PONTES: Marcos, Rochela, Nano, Chote, Totti (Pablo López, 71), Esmorís, Borja (Dieguito, m. 71), Bossa, Sergio Arias (Dani, 85), David Amado e Pablo Domínguez.
UD SOMOZAS: Abraham, Álex Bao (Jesu, 70), Dani, Piscu, Fiuza, Berros (Nando, 79). Diego, Denis, Carlos (Emilio, 61), Suso e Rubén.
ÁRBITRO: Óscar López Fernández, da Coruña, auxiliado por Lago Barros e González Rey. Expulsou no minuto 78 a Jorge Nano, do As Pontes, por dobre amarela, a segunda moi rigorosa. Ademais amoestou a Esmorís, do As Pontes, e Piscu e Berros, do Somozas.
GOL: Min. 1 (1-0), David Amado.
INCIDENCIAS: Partido da penúltima xornada de liga de Terceira División disputado no campo do Poboado e tarde soleada e coa asistencia duns 300 espectadores nas gradas, con presenza de afeccionados somocenses.
somozas
somozas
somozas
somozas
somozas
somozas
somozas
somozas
somozas
somozas
somozas
somozas
somozas
somozas
somozas
somozas
somozas
somozas
somozas
somozas
somozas
somozas
somozas
somozas
somozas
somozas
somozas
somozas
somozas
somozas
somozas
somozas
somozas
somozas
somozas
somozas
somozas
somozas
somozas
somozas
somozas
somozas
somozas
somozas
Nova cortesía de A.F

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios