CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS 11-12 DE MAIO DE 2013

155

PRIMEIRA CATEGORÍA CADETE: Meirás C.F. – C.D. As Pontes (1-2)
O equipo Cadete quedou a un só punto de xogar a fase de ascenso á Liga Galega. Os de Marcos Bouza venceron por 1-2 ó Meirás, namentres que O Val, empataba na casa (1-1) co campión de liga, Galicia de Caranza, co que os valexos quedan de segundos, cos mesmos 53 puntos que os azuis e empatan no goal average particular (1-2 no Poboado, 1-2 en Sinde), pero a diferenza de +54 do Val por +35 do As Pontes, fai que os de Narón consigan a segunda praza por 19 goles de diferenza. Remata a competición de liga con Galicia de Caranza como campión con 62 puntos, O Val e As Pontes 53, Narón BP 35, Eume 32, EFGª Caranza e Perlío 27, Maniños 24, Numancia 19, Meirás 18, Mugardos 16 e Ánimas 11. Disputarán a fase de ascenso á liga galega o Galicia de Caranza e O Val.
cadete.jpg


PRIMEIRA AUTONÓMICA INFANTIL: F.C. Ortigueira – C.D. As Pontes (1-4)
Excelente tempada do As Pontes Infantil que na derradeira xornada venceu en Ortigueira por 1-4, un resultado que non serviu para acadar o título, xa que o Racing de Ferrol venceu por un contundente 9-0 ó Cultural de Maniños. Os verdes conquistan a liga e o As Pontes quedan nunha máis que meritoria segunda posición despois lograr o título de copa. A clasificación quedou co Racing de Ferrol con 61 puntos, As Pontes 59, Portuarios 50, Ortigueira 47, O Val 40, Galicia de Caranza B 30, Eume Deportivo 27, Narón BP 22, Cultural Maniños 15, Numancia 14, Cedeira 13 e Ánimas 7. Racing de Ferrol e As Pontes disputarán a fase de ascenso á Liga Galega.
infantil.jpg
COPA ALEVÍN (A Malata, Ferrol)
Na copa de categoría alevín disputada nas instalacións da Malata (Ferrol) proclamouse campión O Val, que se puxo a punto para a disputa da fase galega alevín e da “Arousa Cup”. Venceu una final 10-1 ó Racing de Ferrol. Previamente nas semifinais os valexos desfixéranse, na final anticipada, do Galicia de Caranza B por 5-2, mentres os verdes vencían por 4-2 ó Narón BP, verdugo do As Pontes. Os valexos eran favoritos e ademais aproveitáronse de que o mellor xogador do Racing (Manuel Fernández) e do Galicia de Caranza (Julián Nieto) estaban en Navarra disputando o Campionato de España alevín, no que a selección galega chegou a semifinais perdendo contra a todopoderosa Cataluña.
No tocante á participación pontesa o Alevín B perdeu os seus catro encontros de grupo, ante Galicia de Caranza B (9-0), Numancia (6-1), R. Ferrol B (5-0) e R. Ferrol A (4-2).
O Alevín A estivo moi ben e gañou os seus catro partidos da primeira fase ante Racing San Pedro B (1-0), Rápido de Neda (2-0), Cultural Maniños (5-2) e Xuventude de Cabanas (8-0). Dos 40 equipos participantes, foron dos 16 que obtiveron o pase a oitavos de final, rolda na que se enfrontaron ó Numancia de Ares, ó que gañaron 3-1, caendo en cuartos de final co Narón BP por 0-2, fase na que tamén caeron Galicia de Caranza A, Eume Deportivo e Portuarios B.
alevin_a.jpg
alevin_b.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios