LIGA GALEGA XUVENIL: CD AS PONTES 2 ORILLAMAR SD 4

53

Nova derrota do As Pontes na casa, 2-4 ante o Orillamar, da Coruña, que se marchou 0-2 ó descanso. Victoria merecida que aínda puido ser máis abultada.
Mereceron gañar os da capital herculina, que xa se adiantaron ó pouco de comezar por medio de Viana e antes de chegar ó descanso repetiu o mesmo xogador.
No primero cuarto do segundo tempo Blas de falta directa poñía o 0-3. Nos últimos minutos Javi fallou un penalti e únicamente maquillaron un pouco o resultado dous destellos de calidade do brasileño Magi. Dela facía o cuarto para os coruñeses.
Baixa ata a novena posición o As Pontes antes de visitar ó Val, terceiro clasificado, en Sinde, na derradeira xornada.
xuvenil


Un As Pontes, que, recordemos, salvouse hai un par de semanas, porque en caso de triple empate con Boiro e Negreira, que son os que marcan a criba do descenso, a 50 puntos, triple empate que aínda é moi posible, salvaríanse por goal average cos nicrarienses.
Caranza 71, xa campión e cun partido menos, Residencia 67, O Val 58, Orillamar 54, Lugo B 53, Vilalbés e Fátima 51, Bergantiños e As Pontes 50, EF Lalín e Milagrosa 49, Boiro 47. En descenso, Negreira 44, cun partido menos, e xa descendidos, Conxo B 42, Montañeros B 39, Viveiro 35, Brexo Lema 27 e Eume 10.
Polo As Pontes xogaron Krikry, David, Rubén, Diego, Darío, Esteban, Tiny, Isma Capela, Magi, Diego Filgueiras e Sergio. Na segunda metade entraron Jandro, Gonza, Dani, Alex e Javi. Polos vermellos xogaron Manuel, Samu, Jorge, Guille, Adrián, Pablito, Andrés, Dani, Blas, Dela e Viana. Despois entraron Rafa, Miguel e Aspas. Arbitrou Víctor García Villaverde, do colexio de Ferrol, auxiliado nas bandas por Vilda Bouza e Acevedo Bustabad, que debutaban.
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios