FASE DE ASCENSO A PRIMEIRA AUTONÓMICA: C.D. AS PONTES B – C.F. CARNOEDO (1-1)

30

O As Pontes B iniciou a promoción de ascenso a Primeira Autonómica cun empate a un gol no Poboado diante do Carnoedo que se quedou cun xogador menos dende o minuto 21 trala vermella directa ó defensa Óscar por mans dentro da área. O penalti ó estilo “panenka” transformouno Vila. Antes tivo unha boa ocasión Borja. Os ponteses xogaron moi atenazados e non souberon aproveitar a superioridade numérica e as numerosas ocasións que tiveron ó longo de todo o partido, sobre todo no segundo tempo. O encontro foi de total dominio dos ponteses e púxoselles de cara co penalti anotado por Vila, pero un erro defensivo propiciou o tanto da igualada, resultado co que se chegou ó descanso, aínda que uns minutos antes Vicente lanzou un disparo que pasou lambendo o poste da portería visitante.
A segunda parte comezou con acoso dos visitantes, que nos once primeiros minutos meteron o gol na portería local en dúas ocasións, pero na primeira o árbitro sinalou falta e na segunda fóra de xogo. A partir de aí foi un monólogo do As Pontes mentres que o Carnoedo defendíase como podía, a veces cun xogo brusco. Vila, Vicente, Borja e Fermín tiveron claras ocasións para marcar, pero estaba visto que o balón non quería entrar na portería que defendía Buta, incluso a falta de catro minutos para o final cando Borja regatea a varios defensas e porteiro visitante e cando ía directo á porta para marcar Fermín méteselle diante e envía un forte disparo ás nubes, un lanzamento que incluso estivo a piques de saír por banda. Xa no derradeiro minuto Vila lanza un chut que un defensa saca baixo paus.
Na vindeira xornada o As Pontes visita ó outro equipo do grupo, San Cristóbal das Viñas, subcampión do grupo da Coruña.
ascenso


FICHA DO PARTIDO
CD AS PONTES B: Iván, Ferreiro, Nando, Palas, (Cristian, 65), Carlos, Totti (Moya, 75), Vila, Vicente, Púas (Narciso, 75), Borja e Marcos Novo (Fermín, 57).
CF CARNOEDO: Buta, Víctor (Borja Dorado, 70), Eloy, Óscar, Quique, Marticó, Boni, Álex Santos, Vila, Bernardo (Toni, 87) e Adrián (Miguel, 86).
ÁRBITRO: Manuel Bejarano Estepa, asistido nas bandas po Pablo Carballal e Rodrigo Fernández, da delegación de Ferrol. Durante todo o partido foi moi protestado polos xogadores e afeccionados do Carnoedo. Expulsou con vermella directa a Óscar, do Carnoedo. Tarxetas amarelas a Ferreiro e Carlos, do As Pontes, e Víctor, Vila e Borja Dorado, do Carnoedo.
GOLES: Min. 21 (1-0), penalti que trasnforma Vila. Min. 30 (1-1): Adrián.
INCIDENCIAS: Partido da primeira xornada de promoción de ascenso á Primeira Autonómica disputado no campo principal do Poboado ante uns 150 espectadores nas gradas, con presenza de seguidores da parroquia sadense de Carnoedo.
ascenso
ascenso
ascenso
ascenso
ascenso
ascenso
ascenso
ascenso
ascenso
ascenso
ascenso
ascenso
ascenso
ascenso
ascenso
ascenso
ascenso
ascenso
ascenso
ascenso
ascenso
ascenso
ascenso
ascenso
ascenso
ascenso
ascenso
ascenso
ascenso
ascenso
ascenso
ascenso
ascenso
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios