Os piragüistas máis novos do grupo Xuvenil se estrean na Liga Provincial

46

O pasado domingo celebrouse no encoro da Ribeira a primeira regata da Liga da Deputación da Coruña de piragüismo para as categorías de benxamin, alevín e infantil.
Nun día unha vez máis empañado polo mal tempo que está a ser habitual esta primaveira déronse cita no encoro pontés máis de cen xoves padexeiros de todos os clubes da provincia nunha proba na que gañou con autoridade o Club Náutico Firrete de Pontedeume, seguido do Ría de Betanzos e acompañados no terceiro posto da clasificación por clubs o Ribeiras do Tambre de Ames.
Por parte dos locais destacamos o 1º posto en muller alevín B acadado por Carmela Dominguez, os 2º, 3º e 8º postos de Juan Bellas, Aaron García e Álvaro García en home alevín B, o 2º posto en k1 benxamín muller de Ada Fernández, o 6º de Manuel Alén. Na categoría de máis idade da proba -infantil A- Xosé Guerreiro rematou na 12ª praza pero xa fora de control.
A vindeira regata da liga será xa o 20 de xullo en Cabanas, organizada polo Club Cabanas KDM.
peques.jpg


peques1.jpg
Nova cortesía do Grupo Xuvenil

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios