O C.D. SANTABALLÉS DE VETERANOS INICIA ESTE SÁBADO O CAMPIONATO GALEGO ENFRONTÁNDOSE Ó INDUSTRIAS ERINOR, DE CANGAS, CAMPIÓN DA ZONA DE VIGO

63

O Santaballés, campión da liga provincial de Lugo de fútbol de veteranos por segundo ano consecutivo comeza este sábado a súa participación no XXII Campionato de Galicia de Fútbol de Veteranos. O Santaballés recibe este sábado, 1 de xuño, ó Industrias Erinor, de Cangas de Morrazo, campión da zona de Vigo. O encontro comezará ás seis e media do serán (18,30) no campo da Liga Santaballesa.
O partido de volta será o seguinte sábado, 8 de xuño, en campo cangués. De pasar esta eliminatoria, o Santaballés enfrontarase ó vencedor da eliminatoria entre o Sagrado Corazón, campión de Lugo capital e o Ribadavia, campión do pasado ano. No grupo B están o Maside, campión de Ourense, o campión da Coruña, mentres que o campión de Santiago, Couto Boqueixón, medirase ó Poio, campión de Pontevedra. As semifinais serán os días 15 e 22 de xuño e a final disputarase o 29 do mesmo mes no campo de Pasarón, de Pontevedra.
Para os santaballeses o partido será complicado, pois o conxunto pontevedrés proclamouse campión de liga con 24 partidos gañados, empatou 7 e tan só perdeu tres. Ademais é un equipo moi goleador, con 109 goles na liga e doce na copa, habendo encaixado 30 tantos en total. Nas súas filas militan antigos xogadores do Alondras, destacando Curiel, adestrador do equipo cangués, Fredi, adestrador do Compostela e ex do Alondras, os irmáns Palmas, Carlos –con máis de 40 goles na liga- e Javi, ex xogadores do Alondras.
Santaballes.jpg


Sinalar que o Santaballés Veteranos é un dos máis antigos da categoría, xa que comezou hai 25 anos a disputar a liga provincial luguesa, da que foi un dos fundadores. O pasado ano fixo dobrete e participou no campionato galego enfrontándose en primeira rolda ó Oza dos Ríos, perdendo por 3-1 en campo ozense e empatando a ceros no campo da Liga.
Destacar que no cadro chairego hai sete xogadores das Pontes, como Pity, Pupi, Cazás, Iván Rodríguez (adestrador do As Pontes B e As Pontes infantil), Suso Prieto, proclamado mellor xogador da competición deste ano, e os irmáns Felipe e Carlos Mieres. Por este equipo pasaron xogadores do antigo Endesa-As Pontes, como Rebolo, Quique, Juan “Recemel”, Fernández “Francés”, Marcos Álvarez e os antes citados.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios