Festival 10º Aniversario do grupo tradicional No Cómbaro

82

Xa pasaron 10 anos dende que nos xuntamos 5 amigos e amigas para formar o Quinteto Tradicional “No Cómbaro”. Durante este periodo de tempo foise incorporando mais xente ao grupo ata chegar a formación actual, aínda que se foron incorporando novos instrumentos, fomos mantendo sempre como base o estilo Tradicional, agora estamos ampliando o noso repertrio con pezas de composición propia (Manolo Seijo) que están sendo moi ben acollidas polo público.
Estas circunstancias parecéronnos motivo dabondo para facer o noso 1º Festival, e para eso, xunto con nos, contamos coa participación da Asociación Cultural Troula do Ortegal de San Adrián de Vega (Ortigueira) que farán unha demostración de Baile Tradicional que seguro será do agrado dos espectadores.
No_Combaro.jpg


Repertorio-10-aniversario.jpg
Nova cortesía de Manolo Lamas

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios