Pellón, todo un símbolo do fútbol sala pontés. Por Antón e Xose Ferreiro

326

Este ano o fútbol sala pontés disfrutou co ascenso do Esteo á Segunda División B. Tras conseguir ese gran logro, un dos xogadores ponteses máis emblemáticos anunciou a súa retirada tras 23 tempadas no mundo do fútbol sala. Eliseo García Pellón naceu en As Pontes o 12 de Maio de 1974. É, sen dúbida, un dos deportistas ponteses máis destacados, ex xogador de Autos Puentes, Gijón, Hotel Villamartín, O Parrulo Indunor, Castro Urdiales, Muebles Caloto, Galparket As Pontes, Fene Boandanza, Coinasa O Parrulo, Reale A Estrada, Cidade de Narón e O Esteo. Chegou a xogar na División de Honra, a Primeira División do fútbol sala español, na que din é a mellor Liga do mundo, entre 1998 e 2000, en aquel O Parrulo Indunor Ferrol (que estivo seis tempadas na máxima categoría), con xogadores que sempre quedarán na memoria do afeccionado, como Alemao, Masa, Chenlli, Formiga, Pitu, Ordóñez, Regueira, Indalecio ou Unai, dirixidos polo ferrolán Pablo Prieto, que tamén adestrou ó Autos Puentes. Aproveitamos o remate da tempada e a súa retirada para falar un pouco con Pellón sobre a súa extensa traxectoria futbolística e facer unha modesta homenaxe a un grande do noso deporte.
pellon


– Ola Pellón, ti sendo novo xogaches no Endesa de As Pontes nos teus comezos, ¿Cantos anos? ¿Chegaches a gañar algún título?
Ola, pois si, xoguei catro anos no Endesa de As Pontes e non sabería dicirvos se chegamos a gañar algunha copa ou campionato de liga.
-Por idade aseguraríamos que che “corresponde” a copa alevín en 1986 e a copa infantil en 1987. ¿Porque o deixaches e te pasaches ó fútbol sala?
Cando cheguei a xuvenís o adestrador decidiu non contar conmigo, e decidín probar sorte no Autos Puentes porque xa xogara campionatos escolares de fútbol sala e a verdade é que me gustaba moito.
-Vaia, ti comezaches moi novo, debutaches con 16 anos e medio, a finais de 1990, en un gran Autos Puentes por aquel entón de moitos quilates, no que estaba o gran Fernando Bouza, que chegou a ser internacional coa selección española, Marcelino, Palotes, Condor, o crack peruano Walter, Man, Pereira, Toni, Juan ¿Impoñía moito xogar con eles? ¿En quen te fixabas?
Cando cheguei ó Autos Puentes xa me din de conta de que había un gran plantel pero tamén unhas grandes persoas, por iso non me foi difícil encaixar nese equipo. A verdade é que non me fixaba en ninguén, so me adicaba a aprender e a recibir os consellos que eles me daban debido a súa gran experiencia. Aquí estiven moitos anos, primeiro no Autos Puentes, dende 1990 ata 1994, que me fichou o Gijón con 20 anos, logo no Galparket en 2003-2004 e por último no Esteo dende 2008 ata agora que me retirei.
-Me imaxino que ó longo da túa carreira, gañarías moitas cousas, títulos, medallas, partidos, goles, ¿se nos tiveras que falar dos momentos máis felices nestes 23 anos de fútbol sala?
O meu debut na División de Honra, no ano 1998, e na tempada 1999-2000, que xogamos o play-off final de Liga, no que perdemos co CLM Talavera, liga que despois gañou o Playas de Castellón das tres Copas de Europa, e tamén a xogamos a Copa do Rei da División de Honra esa mesma tempada, copa na que triunfou o Caja Segovia, que foi o que nos eliminou precisamente, e ese mesmo ano tamén gañou o Mundial. Tamén considero importantes os tres ascensos que conseguín na miña terra, As Pontes, co Autos Puentes (1991), Galparket (2004) e o último co Esteo (2013). Podería dicir máis pero estes consideroos os meus éxitos máis importantes.
-Resumenos brevemente e cronolóxicamente como foron todos estes anos no fútbol sala.
Pois como sabedes, a miña posición foi sempre a de ala ou ala-pívot, e sempre estiven en todas as categorías da Liga Nacional. Xoguei en Autos Puentes, Gijón, Hotel Villamartín, O Parrulo Indunor, Castro Urdiales, Muebles Caloto, Galparket As Pontes, Fene Boandanza, Coinasa O Parrulo, Reale A Estrada, Cidade de Narón e O Esteo. Estou contento de todos estes anos e do meu paso por todos estes equipos.
-Dos moitísimos goles que marchaches ó longo destes anos, ¿os que máis valoras cales poden ser?
O que lle metín ó gran Jesús Clavería, campión do mundo coa selección española en 2000, no Parrulo-Interviú, que foi escollido como un dos mellores tantos da Liga. Despois todos os que axudaron ós meus equipos a lograr os seus obxectivos.
-¿E se che preguntamos por cantos goles marchaches máis ou menos ó longo de todos estes anos, e cal foi a mellor temporada?
Buf, goles, non vos sabería dicir, moitos, si que vos digo que a miña mellor temporada, para min, foi a 1999-2000, na que ademáis marquei sobre uns 20 goles, na División de Honra, co Parrulo, cousa que non é nada fácil, pois ahí enfrontaste ós mellores equipos de España.
pellon
pellon
pellon
pellon
pellon
pellon
pellon
pellon
pellon
pellon
pellon
pellon
-¿Cales crees que foron as cualidades que te levaron a triunfar neste mundiño?
Pois eu penso que era bon pasador, tiña unha boa faceta defensiva, e tamén tiña gol e regate.
-¿Quenes foron os adestradores que máis che marcaron? porque ti tiveches moitos e moi bos.
Os mellores para min, aínda que tiven moitos e moi bos, como ben dicides, foron Palotes, que me adestrou no Hotel Villamartín, e Jerónimo Ugarte, o meu adestrador en Castro Urdiales.
-Grande Palotes, ¿A ti seleccionaronte algunha vez coa selección galega de fútbol sala, non? ¿Cal foi o teu mellor logro?
Fun a un campionato coa selección galega a Murcia que creo que foi un dos máis competitivos que houbo, no que quedamos terceiros e gañou Madrid con moitos xogadores do Interviú, despois co lío das distintas federacións xa había dúas seleccións galegas e estropeouse un pouco o fútbol sala.
-¿Algún xogador co que coincidiches a nivel de equipo que che parecera excepcional?, ¿e algún co que te enfrontaras que fora moi bo?. Imaxinamonos que nos teus anos en División de Honra atoparíaste con cada “monstruo” que metería medo ¿non? (Risas).
Pois tiven a sorte de enfrontarme a grandes xogadores, sería difícil dicir quen era o mellor, pero ver a Alemao e poder xogar con él, e enfrontarte a Paulo Roberto, Daniel Ibañes ou Aloisio era todo un espectáculo.
-Grandes, ¿Como ves a liga de fútbol sala española? ¿Quen crees que gañará?
Penso que o FC Barcelona gañará unha Liga que está moi devaluada, moito pola crise por unha parte, e o outro motivo é que moita xente está acabando co fútbol sala xa que so buscan os seus intereses.
-Que razón tes, un xogador e un equipo que che guste, tanto de fútbol sala como de fútbol once.
O equipo que máis me gusta é o FC Barcelona e o xogador Messi. De fútbol sala o Caja Segovia pola súa aposta pola canteira e a súa forma de disfrutar do fútbol sala. O xogador que máis me gusta é o ferrolán Adri de El Pozo de Murcia.
-O ano pasado sentiches moito non ascender, pero este ano retíraste no momento xusto e despois de deixar ó equipo da túa casa, ti e máis os teus compañeiros, na 2ªB ¿Agardabas un final así da túa carreira?
Ó comezar o ano xa anunciei ós meus compañeiros que esta ía a ser a miña última tempada. Levábamos dous anos ou tres moi cerca de ascender e creo que esta tempada o equipo acadou o nivel de competitividade necesario para dar ese gran salto e por iso estou contento de rematar así a miña carreira.
pellon
pellon
pellon
pellon
pellon
pellon
pellon
pellon
pellon
pellon
pellon
pellon
pellon
pellon
pellon
pellon
pellon
-Agora que xa estás retirado, ¿gustaríache adestrar a algún equipo ou simplemente mirar o fútbol sala como afeccionado?
Acabo de retirarme e non teño pensado que facer nun futuro, si que no seu momento houbérame gustado probar a xogar no estranxeiro como está facendo Noé nestes momentos, por exemplo.
-¿Que tal ves o estreo da canteira pontesa este ano? ¿Ves algún rapaz novo con posibilidades no Esteo?
É importante o paso que deu o Esteo ó facer canteira e é difícil saber se algún rapaz ten posibilidades porque acaban de comezar e fan falla moitos adestramentos e moito traballo para saber se en realidade existen posibilidades de que algún deles suba ó primeiro equipo.
-Ti que precisamente empezaches moi novo e conseguiches chegar tan lonxe ¿Qué consellos lles darías?
Como consello diríalles que moito traballo, moita humildade, e adicarlle moito tempo e moitas horas de adestramento, anque agora é difícil nestes tempos pra os rapaces sacrificarse coas novas tecnoloxías das que dispoñen, que non tiñamos cando eu empezaba. (Risas)
-(Risas) ¿Como ves ós teus ex compañeiros para a vindeira tempada en Segunda B?
Como xa dixen antes creo que subiron o nivel de competitividade e penso sinceramente que están preparados para facer unha boa temporada o ano que ven. De todos os xogadores que hai penso que Gerardo é un dos que máis subiu o nivel neste equipo e seguro que será unha das revelacións da categoría.
-¿Gustaríache dicir algo para rematar?
Pois si, gustaríame dar as gracias a todos os compañeiros, adestradores e equipos que tiven durante estes anos, tamén por suposto as afeccións dos diversos equipos nos que estiven, pois sempre se portaron moi ben conmigo.
-Farasenos moi raro non verte polas pistas correndo detrás dun balón, pero moitas gracias por estes minutos e por todos estes anos de fútbol sala que nos regalaches Pellón.
Gracias a vos.
pellon
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios