OS EQUIPOS INFANTIL E CADETE DO CLUB DEPORTIVO AS PONTES CLASIFICADOS PARA AS FINAIS DA COPA AFACO

63

SEMIFINAL INFANTIL CD As Pontes – Eume Deportivo (5-2)
Venceu o As Pontes por 5-2 ó cadro de Pontedeume, 8-3 no global da eliminatoria. No primeiro tempo poñíase por diante o equipo azul con dous goles de tiro cruzado de Josiño, pero antes de chegar ó descanso os amarelos reducían distancias coa transformación dun penalti.
Nada máis comezar o segundo tempo empataron a 2-2, cun tiro de banda que lle entrou por riba a Malena. Entrouse nunha fase de desconcerto pois dous goles máis valíanlles os de Pontedeume para clasificarse, e a piques estiveron de marcar o 2-3 nunha xogada con moitos rexeites dentro da área pontesa. Afortunadamente foi un espellismo e pouco despois tras un pase en profundidade a Josiño, este pica maxistralmente ante a saída do porteiro para poñer o 3-2 co seu hat trick particular, e uns minutos máis tarde Ayrton de cabeza establecía o 4-2 da sentencia.
Aínda tivo tempo o As Pontes de meter un quinto gol por medio de Alex que estivo atento a un centro tiro de Josiño que conseguía desviar con dificultade o porteiro visitante, e coa caña preparada meteu o quinto gol, marcador que puido ampliar o equipo azul tras un pase en profundidade de Josiño no que quedaron sós Bruno e Eloy pero entre ambos non se entenderon.
Xogou o cadro de Iván Rodríguez con Malena, Sergio Fraga, Manuel, Alex Fdez, Esteban (Alex, 52), Antón, Diego (Bruno, 45), Ayrton (Eloy, 59), Jorge (David, 45), Sergio Otero e Josiño.
O As Pontes clasificase para a final da Copa Afaco que xogará contra o Narón, que eliminou ó Cultural Maniños por 4-1 despois de perder 3-2 en Fene, final que se xogará no campo dos Calzados da Capela en data aínda por determinar pois o cadro pontés está en plena fase de ascenso.
A nota negativa do encontro foi que o segundo adestrador visitante encarouse co árbitro e tivo que ser suxeitado polos seus propios futbolistas, feito que afortunadamente non pasou a maiores.
infantil


infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
SEMIFINAL CADETE CD As Pontes – Eume Deportivo (3-2)
Con moito sufrimento pasou o As Pontes á final da Copa Afaco, na que xogará contra O Val, tras vencer nos penaltis ó Eume, despois de gañar o partido de volta 3-2, mesmo resultado que se rexistrou en Pontedeume.
Na primeira metade adiantábase o As Pontes por medio de Fernández (min. 30), tras un centro dende banda dereita que un defensa visitante non atina a despexar de cabeza e cegando dende atrás marca dun forte disparo raso. Nada máis comezar o segundo tempo, tras outro centro dende banda dereita, David Rey salta no momento xusto para cabecear ó fondo das mallas (min. 45).
O As Pontes tivo tres claras ocasións, Brais regatea ó porteiro pero escorase e remata fora, e David Rey por dúas veces quedou so ante o porteiro e picou o balón por fóra na súa saída. Tamén os de Pontedeume puideron marcar nunha ocasión na que con Ángel no chan o seu xogador mandou o balón por alto con todo a favor. Entrouse nos últimos minutos e os de Pontedeume necesitaban dous goles, e conseguíronos, primeiro tras un penalti por man dentro da área, e xa co tempo cumprido un xogador visitante marca unha falta lanzada dende o borde da área polo escuadro.
Xarro de auga fría para os azuis que semellaban estar eliminados. Pero tras sacar de centro e colgar o balón á area, logo dun rexeite, marca Iago Vázquez, que acababa de entrar, o gol que igualaba a eliminatoria e chegábase así á decisiva quenda de penaltis. Na mesma o gran porteiro Ángel Prieto foi o heroe tras parar tres penaltis, e axudado polas transformacións de Brais Blanco, Iván Carballeira e Iago Vázquez o As Pontes gañou 3-2 e clasificou á final que se xogará o día 14 precisamente en Pontedeume.
Xogou o cadro de Marcos Bouza con Angel, Alberto, Jorge, Alex Blanco, Caínzos, Iván, Alex Fernández, Brais, David Rey, Nahum e Roberto. No segundo tempo saíron Iago e Óscar.
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
Nova cortesía de Xosé Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios