CAMPIONATO GALEGO DE FÚTBOL VETERANO: C.D. SANTABALLÉS V – INDUSTRIAS ERINOR (1-5)

450

O conxunto cangués Industrias Erinor, campión da zona de Vigo, deixou practicamente sentenciada a eliminatoria ó impoñerse a domicilio (1-5) ó Santaballés Veteranos. Os visitantes vencían ó descanso por 0-1. O partido foi de total dominio do equipo de Cangas do Morrazo, física e tecnicamente superiores ós santaballeses, que opuxeron un pouco de resistencia na primeira media hora de xogo, pero a súa vontade e pundonor non foron suficientes para superar ó Erinor, un equipo moi ben asentado no terreo de xogo e cunha media de idade moi baixa, pois había xogadores que podían facilmente militar en equipos de Terceira División. De feito, nas súas filas hai xogadores procedentes do Alondras, como os irmáns Palmás, Fredi ou Curiel. Hai que ter en conta que na competición de fútbol veterano poden participar xogadores a partir dos trinta anos ou 29 se cumpren os trinta durante a tempada.
O primeiro gol chegou a dous minutos do descanso por obra de Michel despois dun saque de esquina. Nos primeiros dez minutos do segundo tempo o conxunto cangués deixou sentenciado o encontro con dous goles máis de Raúl e Carlos Pallás. Por se isto non fora pouco, o Santaballés quedouse cun home menos trala expulsión de Lito e de seguido recibe o cuarto gol por mediación de Carlos Pallás. O gol da honra local chegou no minuto 27 cando Michel quere despexar e envía o balón ó fondo da súa portería. Suso, no minuto 37, redondeou a vitoria visitante dun excelente disparo ante o que nada puido facer o meta Luis.
O partido de volta disputarase en campo cangués o vindeiro sábado, 8 de xuño.
santaballes


FICHA DO PARTIDO
CD SANTABALLÉS V:Luis, Luisma, Lito, Iván, Alfonso, Cazás, Óscar, Fran, Valú, Felipe, Suso –once inicial- Manolo, Rubén, Carlso, Rivas e Pablo.
INDUSTRIAS ERINOR: Álex, Pita, Berto, Borja, Carlos Palmás, Raúl, Tato, Michel, Carlos, Nano, Toni –once inicial- Marcos, Torres, Suso, Mara, Martín, Abel, Javi Palmás e Miguel.
ÁRBITRO: Juan Caeiro Abalo, asistido de Barral Otero e Muñiz Souto, da asociación de árbitros veteranos de Pontevedra.
GOLES: Min. 43 (0-1), Michel. Min. 49 (0-2): Raúl. Min. 52 (0-3), Carlos Pallás. Min. 56 (0-4), Carlos Pallás. Min. 72 (1-4), Michel en propia porta. Min. 82 (1-5), Suso.
INCIDENCIAS: Partido de cuartos de final da fase galega de campións disputado o pasado sábado no campo da Liga Santaballesa ante uns cen espectadores nas gradas. Un xogador visitante tivo que ser retirado do terreo de xogo ó caer en mala posición e recibir un golpe no ombreiro, polo que foi trasladado a un centro sanitario vilalbés.
santaballes
santaballes
santaballes
santaballes
santaballes
santaballes
santaballes
santaballes
santaballes
santaballes
santaballes
santaballes
santaballes
santaballes
santaballes
santaballes
santaballes
santaballes
santaballes
santaballes
santaballes
santaballes
santaballes
santaballes
santaballes
santaballes
santaballes
santaballes
santaballes
santaballes
santaballes
santaballes
santaballes
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios