I CAMPUS DE FÚTBOL DO CLUB DEPORTIVO AS PONTES

95

Baixo o lema “Aprende xogando, mellora a túa habilidade”, o Club Deportivo As Pontes organiza no vindeiro mes de xullo un campus de fútbol dirixido a nenos/as nados entre os anos 1999 e 2007. Os prezos para os socios é de 120 euros por quincena e 160 para os non socios, con prezos especiais para irmáns, 90 e 140 euros, e para as dúas quincenas, 200 para os socios e 280 para os non socios.
O horario será das dez da mañá ás 14,00 horas nas instalacións deportivas do Campo do Poboado. Os participantes recibirán regalo a roupa de adestramento e unha merenda de media mañá. Os cursos serán impartidos por Adrián Boo Rivas, preparador físico do As Pontes, graduado en Ciencias da Actividade Física de Deporte e máster en Preparación Física, e Pablo López Vidal, xogador do As Pontes de Terceira División, Técnico Deportivo de Fútbol Nivel 2 e monitor de actividades de tempo libre.
Cartel-Campus.jpg


Os adestradores que estarán á fronte dos distintos módulos serán José M. Carballo, Técnico Deportivo Superior en Fútbol Nivel 3 e adestrador do As Pontes xuvenil; Iván Rodríguez, Técnico Deportivo Superior en Fútbol Nivel 3 e adestrador dos equipos As Pontes B e infantil; Marcos Bouza, Técnico Deportivo de Fútbol Nivel 2, porteiro do As Pontes e adestrador do equipo cadete; Álex Antón, Técnico Deportivo de Fútbol Nivel 2, xogador do As Pontes B e adestrador do alevín B; José Souto Momán, adestrador de porteiros do CD As Pontes, Técnico Deportivo de Fútbol Nivel 2 e especialista en adestramento de porteiros, e Santi Expósito, especialista en adestramento de porteiros e adestrador axudante de porteiros do CD As Pontes.
Os distintos módulos comprenderan adestramentos de habilidades técnicas de ataque e defensa, comportamentos tácticos básico de ataque e defensa, adestramento específico de porteiros e adestramentos dinámicos.
Durante o campus estás prevista a presenza de xogadores profesionais de primeira e segunda división que compartirán experiencias e falarán cos nenos/as participantes no campus.
Os interesados poden recabar máis información na web http://cd-aspontes.wix.com/campus ou nos teléfonos 609 055 383 (Pablo López) – 658 175 525 (Adrián Boo). O prazo de inscrición remata o vindeiro 25 de xuño a través da web ou no propio campo do Poboado.
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios