Eume e Ferrolterra case copan os podios na XXII edición do Trofeo Sílex de tiro con arco

58

O domingo 2 de xuño tivo lugar nas instalacións do Clube Sílex de As Pontes unha nova edición, e xa van XXII, do Trofeo Sílex de tiro con arco ao aire libre. A pesar dunhas previsións metereolóxicas que non auguraban unha mañá apacible, a verdade foi que so un pouco de aire fresco deu a benvida aos participantes e acompañantes que se achegaron á vila. 47 inscritos entre mulleres e homes de varias categorías que enchían máis de 3/4 partes do campo de tiro. Dende O Barco de Valdeorras, Ourense, Alfoz, Lugo, Vilalba, A Coruña, Ares, Arteixo, Cambre, Ferrol, Narón e a propia As Pontes viñeron as competidoras e competidores a desfrutar deste torneo.
A pesar do número de participantes, so se puideron desputar tres das categorías ao haber un mínimo de 5 participantes; foron as de arco recurvo sénior home e cadete home, e a de arco composto sénior home. No resto os participantes tiraron igualmente as rondas clasificatorias, pero non as eliminatorias polos postos do podio.
2013-06-03-XXII-Trof-Silex-01.jpg


Comezaron ben as cousas para os da casa xa que despois das rondas clasificatorias, Xaquín Mira (arco composto) pasaba a semifináis como primeiro clasificado; en recurvo cadete Daniel Castro facía o mesmo téndose que enfrontar con Borja Barro compañeiro do clube que se clasificaba en 4ª posición. Na outra categoría que había eliminatorias, arco recurvo sénior home, Miguel Alvariño tomaba a primeira posición mentres Carlos Romero o facía na 3ª praza dos oito arqueiros que desputarían os 1/4 de final.
O primeiro en caer foi Carlos Romero que por 6 a 2 perdeu a súa eliminatoria de 1/4 contra o ourensán Antonio Otero. Miguel Alvariño gañaba os seus enfrontamentos tanto de 1/4 de final coma de semifináis tendo unha reñida final contra José Manuel Fernández (ArcoBarco) na que venceu, proclamándose campión do trofeo na súa categoría.
Para o terceiro posto pelexaban Mihai Poetelea (Arqueiros da Chaira – Vilalba) contra Antonio Otero (Lumelar – Ourense), sendo este último o que acadaría subir ao podio despois dun enfrontamento moi intenso.
Na categoría cadete o Sílex tiña asegurada a representación na final ao ter que se enfrontar Daniel contra Borja en semifináis. Daniel non deu moitas opcións e clasificouse para a final que tería que tirar contra, o todavía infantil e recentemente Campión de España da súa categoría, Gabriel Galante (Castelarco – Alfoz); co que tivo unha boa eliminatoria na que se fixo co título de campión cadete. Na final de consolación Borja non foi quen de vencer a Bráis Seoane (AresArco) e así remataron os cadetes nas mesmas podicións fináis que tiñan despois das rondas de clasificación.
Os participantes de arco composto sénior home tamén tiñan desputa polo trofeo na categoría. Nas semifináis venceron os que na clasificación quedaran primeiro e segundo: Xaquín Mira (Sílex) e Guillermo Rodríguez (Arco Ferrol); e eles loitaron polo primeiro posto final. O de Ferrol adiantouse nas primeiras frechas conseguindo unha vantaxe de 3 puntos que mantivo, pero incluso Xaquín puido reducir ata que na última entrada Guillermo deixou zanxada a final con 2 puntos de vantaxe. Na loita polo bronce levouse a partida Alberto Filgueiras (Arco Narón) fronte a Francisco Gandoy (CELTA – Lugo) nun final da mañá na que o sol xa levaba un tempo facendo acto de presenza.
Por último non puidemos deixar de desputar a razón principal deste Trofeo, a eliminatoria final entre o primeiro clasificado de arco recurvo sénior home e a primeira muller de arco recurvo sénior. Neste caso, ao non haber cinco participantes no cadro feminino quen desputou dita final foi a primeira clasificada na ronda de clasificación, a compoñente do Arco Ferrol Jennifer Bartucca. Adiantouse o pontés Miguel Alvariño, chegando a estar 4-0; pero un erro no seguinte set deu opcións a Jennifer ao acadar os 2 puntos do set. Pero no seguinte, o compoñente do equipo nacional español sacou o mellor de si, para rematar a eliminatoria cun 6-2 que lle outorgaba o título de campión do Trofeo Sílex, non sendo esta a primeira vez que o consegue.
Dende o Clube Sílex queremos agradecer a tódalas e tódolos participantes porque sen eles non sería posible realizar este torneo. Así como tamén non esquecernos das axudas recibidas dende o Concello de As Pontes e dos patrocinadores que aportan ao Clube Sílex certas axudas para que poidamos seguir, ano tras ano, dando o mellor de nós para o desfrute do tiro con arco.
2013-06-03-XXII-Trof-Silex-02.jpg
2013-06-03-XXII-Trof-Silex-03.jpg
2013-06-03-XXII-Trof-Silex-04.jpg
Nova cortesía Club Sílex

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios