XAIME CASTRO INICIOU ONTE O SEU TERCEIRO MANDATO Á FRONTE DO CLUB DEPORTIVO AS PONTES

84

Xaime Castro Paz inicio onte o terceiro mandato á fronte do Club Deportivo As Pontes, logo de que a Xunta Electoral validara a súa candidatura, a única presentada trala convocatoria de eleccións o pasado 26 de maio.
Xaime Castro entrou na directiva do Club pontés no ano 2002 e preside a entidade dende a temporada 2005/06 despois da dimisión do desaparecido de Tino Parajón.
Este será o seu terceiro período na presidencia do Club pontés que acaba de rematar unha excelente tempada na Terceira División, clasificándose na sexta posición e cun bo papel nos once equipos das categorías inferiores.
Durante estes días a primeira prioridade será a de planificar o plantel do primeiro equipo de cara a vindeira tempada, cuxa pretempada comezará a mediados de xullo coa disputa do trofeo Vila de As Pontes para seguir coa Copa Deputación, que comezará na rolda previa o 28 de xullo. O As Pontes entrará en liza o 4 de agosto contra o vencedor do enfrontamento entre Cultural Maniños e O Val.
cdaspontesb.jpg


Está asegurada a continuidade de Manolo García como adestrador, o seu corpo técnico, así como algúns xogadores dos que conforman o plantel que realizou unha gran campaña o pasado exercicio. Como é sabido, Cañizares causou baixa tras fichar hai uns días polo filial deportivista, polo que o presidente o primeiro que realizará será a confección dos sub23 esixidos na normativa federativa, para continuar co resto do plantel.
Fóra do ámbito deportivo, Xaime Castro ten en mente realizar reformas nos sete terreos de xogo do campo do Poboado, unhas instalacións noutros tempos dignas de envexa, pero que, co paso do tempo, hoxe atópanse obsoletas. Tamén tratará de axilizar as xestións para a construción dun campo de herba artificial, polo que se leva loitado máis de catro anos. A creación dunha nova páxina web e algunhas reformas puntuais nas instalacións do Club, como vestiarios e oficinas, son outros dos obxectivos marcados pola nova directiva do Club pontés para os vindeiros catro anos.
TRALO ASCENSO MATEMÁTICO DO CARNOEDO, DADA POR FINALIZADA A PROMOCIÓN Á PRIMEIRA AUTONÓMICA
Finalmente hai que sinalar que o partido contra o San Cristóbal das Viñas previsto para o vindeiro domingo no Poboado e correspondente á fase de ascenso á Primeira Autonómica non se xogará, dado que os tres equipos que a disputaban –As Pontes B, Carnoedo e San Cristóbal- chegaron a un acordo coa federación para dar por finalizada a fase ó lograr matematicamente o ascenso o Carnoedo o pasado domingo despois de vencer ó As Pontes por 1-0. Lembrar que o As Pontes recibía na casa ó conxunto coruñés este domingo e na derradeira xornada o Carnoedo visitaba o campo do San Cristóbal.
FINAIS CADETE E INFANTIL DA COPA AFACO
Para o Club Deportivo As Pontes as competicións oficiais da presente tempada rematan este venres, 14 de xuño, coa disputa das finais da copa da Asociación de Fútbol da Comarca. A primeira será en Pontedeume a partir das sete e media do serán (19,30) no campo da Gándara de Pontedeume entre a SD O Val e o CD As Pontes. Media hora despois (20,00) comezará a final infantil no campo dos Calzados da Capela entre o Narón Balompé e o CD As Pontes.
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios