O Fendetestas volve ter equipo feminino logo de case dúas décadas

159

O novo equipo feminino tomou a alternativa este sábado nun torneo no que xogaron co Bierzo Rugby Club e o Club de Rugby Ferrol rememorando o primeiro debut de aquel equipo co que botara a andar en mulleres o deporte do oval no 1992, no seo do Fendetestas pontés.
Caba sinalar como curiosidade que aínda unha sobrevivinte de aquela etapa volveu formar coas novas incorporacións que tiñan a primeira experiencia neste deporte que cumpre o cuarto de século en As Pontes.
No seu debut, as verdes contaron coa visita do equipo de Ponferrada, ao que venceron por oito ensaios a seis, logo de que este á súa vez perdera co Ferrol por un contundente 9-3.
No últimos partido as ferrolás demostraron a súa maior experiencia para impoñerse ás locais por 8-5.
fendetestas_1.jpg


As debutantes foron Mónica, Carla, Jenny, Ioli, Eloise, Tania, Yaiza, e Bea.
Actualmente están xa a adestrar dezasete rapazas, pero para esta cita os exames finais nos que se atopaban moitas, e o recente da súa aterraxe neste deporte de outras, fixo que tan só se puidese contar con este número.
Agora preparan xa o que será a súa primeira participación nunha das citas máis importantes do rugby galego do verán, o Seven Vila de As Pontes, que este ano incluirá modalidade feminina e concentración de escolas o 20 de xullo.
fendetestas_2.jpg
fendetestas_3.jpg
fendetestas_4.jpg
fendetestas_5.jpg
fendetestas_6.jpg
Nova cortesía de Xose Cendán

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios