Músicos, venerade á Santa Palleta!

123

[El Progreso] Os músicos ponteses inventaron unha imaxe particular para rendirlle culto en festas e romarías, a Santa Palleta, que celebrou esta fin de semana a súa primeira foliada rodeada de centos de gaiteiros que chegaron a As Pontes dende tódolos rincóns de Galicia dispostos a honrala coas súas notas e os seus ritmos.


GAITEIROS, UNÍDEVOS! As agrupacións musicais tradicionais das Pontes organizaron este fin de semana a primeira gran foliada da Santa Palleta, unha cita que reuniu a moreas de músicos no Lar co obxectivo de tocar, bailar, pasar un bo anaco e honrar á que dende agora será a súa nova santa, á que esperan rendir culto en tódalas festas e romarías.
A primeira, foi un éxito. Unha vintena de grupos tradicionais pasaron polo escenario para venerar á Santa Palleta, ao que logo se sumaron espontáneos, músicos con gañas de festa, dende nenos a maiores, con ritmos que se prolongaron ata case a madrugada. No medio, o culto e a tradición máis arraigada, a primeira procesión da nova santa dos músicos, con cura e auga bendita incluídos.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios