O Mobles Eume fixo dobrete no maratón das Festas das Pontes ó vencer en senior e veteranos, o Valdetires logrou o título feminino

81

O Mobles Eume foi o vencedor por partida dobre, en senior e veteranos, do maratón de fútbol sala “Festas do Carme e A Fraga”, mentres que na categoría feminina o Valdetires, baixo o nome de Mesón A Ponte, foi o campión. Un ano máis o torneo estivo organizado polo Club Esteo Fútbol Sala, novo equipo de Segunda División B, coa colaboración do Concello de As Pontes e no que participaron trinta e tres equipos de distintos localidades galegas, 21 na categoría senior, seis en mulleres e outros seis en veteranos.
O torneo comezou, na pista do colexio Santa María, na tarde do venres e ó longo de dúas xornadas disputáronse cincuenta e tres encontros.
En categoría de veteranos chegaron ás semifinais os conxuntos Equipa Bar Xardín e Mobles Eume, equipo este que venceu con claridade por 10-2. Na outra semifinal A Pizarra, de Valdoviño, venceu por 4-0 ó cadro local “O mellor de Cada Casa”. En mulleres, os dous equipos ponteses, “Lía las Lía” e As Pontes, caeron diante de “A Cabeza Non Para” e Mesón A Ponte (Valdetires) por 0-2 e 0-9, respectivamente. En senior o Mesón Ana superou na quenda dos penaltis a R. Tuimil, xa que o partido rematou con empate a dous goles. Pola súa banda, Mobles Eume venceu por 4-0 a A Pravia, de Vilalba.
Na final de veteranos, o Mobles Eume superou a Bar A Pizarra, de Valdoviño por un axustado 4-3. Como era de esperar, o Valdetires, novo equipo da máxima categoría española, venceu por un claro 3-0 ó A Cabeza Non Para, conxunto formado por xogadoras do Val e San Sadurniño. Finalmente na final senior o Mobles Eume goleou por 4-0 a Mesón Ana.
maraton_festas


Arbitraron os encontros os colexiados de categoría nacional Javier Mogo, Pablo Coello e Benjamín Díaz, da delegación da Mariña, e Rubén Pena, Roberto Amor e Ramiro Piñeiro, de Ferrol
Manuel (A Pizarra), Esteban (Mesón Ana) e Alexia (A Cabeza Non Para), foron proclamados como mellores porteiros e porteira do torneo, mentres que Álex Garea (Mobles Eume), Rubén (Mobles Eume Veteranos) e Alejandra (Valdetires) como mellores xogadores e xogadora da competición. Castro da Uz, en mulleres, e Equipa Bar Xardín, en homes, foron os mellores equipos locais.
Ó remate da competición directivos do Esteo e o concelleiro delegado de Deportes fixeron entrega dos trofeos ós gañadores desta nova edición do maratón das festas patronais das Pontes que tivo un éxito de participación e de público, en especial nas semifinais e finais do domingo en día de sol, feito que podemos considerar como gran novidade despois de meses de chuvia e frío.
As Pontes, 24 de xuño de 2013 (AF)
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
maraton_festas
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios