Nota de prensa do BNG: EN QUE GASTAR OS CARTOS DO CONCELLO

51

15 ACTUACIÓNS MUNICIPAIS INMEDIATAS PARA O FOMENTO DO EMPREGO, A REACTIVACIÓN ECONÓMICA E A ATENCIÓN SOCIAL

No emprego
01.- Contratación de 80 desempregados/as, en dúas quendas de 6 meses, cun salario mesual líquido de 797,72Є, para a execución de obras municipais, cun curso de 140 horas sobre emprendemento (proposta do PSOE en marzo de 2013).
02.- Contratación do persoal necesario (3-4 auxiliares) para eliminar a lista de agarda no Servicio de Axuda a Domicilio.
03.- Ampliación a todos os servizos municipais da lista de espera para cobertura de necesidades transitorias (vacacións , baixas médicas, excedencias, etc….) mediante contratación temporal.
04.- Creación dunha bolsa de emprego para os servizos con traballos transitorios, esporádicos, e/ou periódicos, nomeadamente nos que dan lugar á realización de horas extraordinarias (festas, conservación e mantemento, carpa, colaboracións con entidades asociativas locais, …).
05.- Creación de bolsas de investigación para a xente nova empadroada no concello, no último ano de estudos (universitarios ou ciclos superiores de FP) ou titulados cun ano de antigüidade, con temáticas propostas polo Concello (patrimonio, medio ambiente, sanidade, economía, emprego, …), por empresas da localidade (proxectos a desenvolver), ou polos propios interesados.
06.- Inclusión nos baremos de contratacións municipais de obras e servizos de criterios preferentes por creación de postos de traballo, en condicións laborais dignas.


No social
07.- Compensación dos incrementos da contribución, e diminución de impostos e/ ou taxas mediante incremento das bonificacións, especialmente para familias con todos os seus membros en situación de desemprego, e desempregados/as sen percepcións.
08.- Posta a disposición de terreos municipais para desempregados/as coa finalidade inicial do cultivo para autoconsumo.
09.- Implantación dunha renda básica nos casos máis complexos e extremos.
10.- Planificación e posta en marcha de redes de intercambio e bancos de tempo.
No tecido produtivo local
11.- Compensación dos incrementos na contribución, redistribución das taxas dos servizos básicos (rsu, auga) segundo mantemento/creación de emprego, e diminución do ICIO e das licenzas de apertura por incremento das bonificacións por creación de postos de traballo.
12.- Creación dunha entidade tipo cooperativa crédito, con participación activa e proactiva do Concello e en colaboración con entidades de banca ética, coa finalidade de posibilitar o finanzamento da liquidez das pemes, autonómos/as e economía social locais.
13.- Utilización de procedementos de contratación de obras/servizos municipais que favorezan a libre concurrencia, abrindo o procedemento negociado sen publicidade á totalidade das empresas locais.
14.- Impulso e/ou participación en proxectos estratéxicos, con contratación de empresas locais, nomeadamente na urbanización do poboado das Veigas, na construción de vivendas pola cooperativa de Endesa, e na execución da rúa entre o río Eume e a Avda. da Habana.
15.- Creación dun censo/banco de locais comerciais sen actividade, con alugueres regulados e compensados mediante IBI.
TAMÉN DENDE O CONCELLO PÓDENSE FACER ACTUACIÓNS CONCRETAS PARA FAVORECER O EMPREGO E A ECONOMÍA LOCAL. MENOS GASTOS EN PROPAGANDA E FESTAS INVENTADAS E MÁIS INVESTIMENTO PRODUTIVO

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios