PELLÓN RECIBIU A HOMENAXE DO FÚTBOL SALA PONTÉS

137

No transcurso da cea-baile de fin de tempada que organizou o Club O Esteo Fútbol Sala, campión de liga e novo equipo da Segunda División B, o fútbol sala da vila pontesa rendeu unha máis que merecida homenaxe a un dos deportistas ponteses máis emblemáticos, Pellón, quen ó remate da competición anunciou a súa retirada logo de 23 tempadas no mundo do fútbol sala. A este sinxelo pero emotivo acto asistiron máis de cento cincuenta persoas, que quixeron sumarse a esta homenaxe a Pellón.
Eliseo García Pellón naceu en As Pontes o 12 de maio de 1974. Sen dúbida algunha, é un dos deportistas ponteses máis destacados, ex xogador de Autos Puentes –Club onde se iniciou ós 15 anos-, Gijón, Hotel Villamartín, O Parrulo Indunor, Castro Urdiales, Muebles Caloto, Galparket As Pontes, Fene Boandanza, Coinasa O Parrulo, Reale A Estrada, Cidade de Narón e O Esteo, chegou a xogar na División de Honra, a máxima categoría do fútbol sala español, na que din é a mellor liga do mundo, en aquel histórico O Parrulo Indunor Ferrol de finais da década dos anos noventa do pasado século e a principios do 2000, con xogadores que sempre quedarán na memoria, como Alemao, Masa, Chenlli, Formiga, Pitu, Ordóñez, Regueira, Indalecio ou Unai, dirixidos polo ferrolán Pablo Prieto, que tamén adestrou ó Autos Puentes, hoxe adestrador do Al Wahda da liga nacional do emirato de Abu Dhabi e anteriormente seleccionador nacional de Libia.
esteo


Francisco Fernández e Juan Canosa, presidente e secretario do Club O Esteo, fixeron entrega a Pellón dunha placa conmemorativa en agradecemento pola súa aportación ó éxito do Club. Un amplo e moi emotivo texto reza na placa que o Club lle entregou a Pellón, que de seguro colocará nun sitio privilexiado da súa casa: “Grazas por todos estes anos nos que fuches a representación do fútbol sala pontés por toda España e do que nos sentimos moi orgullosos. Grazas por axudarnos a crecer como Club a nivel deportivo, pero sobre todo a nivel persoal. Vaise un grande deste deporte, pero para sempre quedarás no noso corazón. A túa maxia perdurará para sempre neste Club. O Esteo F.S.”.
Diego Paz, técnico do equipo, cariñosamente coñecido por “Vinicius””,tamén recibiu outra de tódolos xogadores do conxunto cunha adicatoria moi especial: “Fuches compañeiro, fuches adestrador. Sempre serás amigo. Grazas por este ano….”
Despois da homenaxe, a festa continuou con música e baile a cargo do grupo Bumerang, de Xestoso (Monfero).
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios