Nota de prensa do BNG: O BNG PIDE INCLUÍR A GALIZA NO FUTURO PLAN DO CARBÓN 2013-2018

140

O BNG tamén reclama compartir todas as tecnoloxías de produción eléctrica e non exclusivamente as de carbón importado
Santiago de Compostela, 1 de xullo, 2013. A portavoz de industria do BNG, Carme Adán rexistrou unha Proposición non de lei na que insta á Xunta de Galiza a defender o sector produtivo ante as negativas consecuencias tras limitar o desenvolvemento das enerxías renovables.
Adán asegura que o Goberno central está a trasladar as súas intencións sobre as actuais negociacións do novo Plan do Carbón 2013-2018 contemplando un tratamento específico para o carbón español en detrimento do carbón importado polo que as dúas centrais térmicas galegas se verán obrigadas a minorar a súa produción.
A parlamentaria salienta a importancia do sector enerxética en Galiza e os ataques recibido nos últimos anos como a eliminación de primas no sector das renovábeis e a suspensión do rexistro de preasignación que provocou o peche de moitas fábricas do sector eólico ao que agora hai que sumar, a decisión das centrais térmicas de acometer unha grande inversión para cumprir a Directiva de Emisións Industriais.
Neste sentido, a deputada explica que a Directiva obriga ás empresas a comunicar antes do 1 de xaneiro do 2014 a súa intención de realizar as reformas cuantiosas porque de non facelo, poderán funcionar 17.500 horas ou como data final até o 31 de decembro.A pretensión do Goberno Central, engade, é limitar as horas de funcionamento das centrais de carbón importado o que suporá un grave risco para a viabilidade das instalacións.


A portavoz de Industria nacionalista considera que o Goberno precisa dun cupo de produción e que debe ser compartido por todas as tecnoloxías de produción eléctrica e non exclusivamente do carbón importado polo que reclama a paralización da medida na anunciada modificación da lei.
Adan reitera que Galiza debe ter presenza no Plano do Carbón do 2013-2018, tendo en conta a fase de peche de Meirama e As Pontes e a falta de carbón propio.
PNL_Plano_do_Carbon.pdf

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios