MURAS CELEBROU O SAN PEDRO

264

O montañoso concello de Muras, o máis ó norte da Terra Chá, comarca da que forma parte, celebrou esta pasada fin de semana o seu patrón, San Pedro, unha das festas máis populares da comarca. Unhas festas nas que tamén se honra á Virxe da Caridade do Cobre.
Comezaron os festexos a noite do venres cunha verbena a cargo da orquestra Gran Parada. O día grande foi o sábado, día do patrón, con misa á unha do mediodía seguida da procesión e despois a sesión vermú no campo da festa situado na área recreativa á beira do río Eume, que dende 2007 leva o nome de Bibiana Adriana López de Pablos Quevedo dona de José Ferro Rodeiro (+ 1980), creador en 1950 do “Flan Chino Mandarín” e fundador de Plásticos Ferro en 1960, industria asentada no municipio e con expansión de fábricas e delegacións en varias cidades españolas e en Casablanca (Marrocos).
Pola noite houbo verbena coas orquestras Tambo e Sintonía de Vigo. Os festexos remataron o domingo 30 cos actos relixiosos e a sesión vermú coa orquestra Panamá. Despois numerosos veciños e convidados xuntáronse no pavillón deportivo do colexio nun xantar de fraternidade.
As Pontes, 1 de xullo de 2013 (AF)muras


O CONCELLO DE MURAS
O extenso (163,43 km2) e montañoso concello lugués de Muras está situado ó norte da Terra Chá, comarca da que forma parte. Limita con Ourol ó norte, O Valadouro e Abadín ó leste, Vilalba e Xermade ó sur, e ó oeste co coruñés de As Pontes.
O seu territorio é moi accidentado con dúas grandes zonas montañosas. A Serra do Xistral ó leste con cumes que superan os mil metros, como o Seixo Branco (1.057 m.), O Xistral (1.033) e o Chao de Lamoso (1.039). A outra cadea montañosa é a Serra da Carba que polo sur fai límite con Vilalba e Xermade, destacando O Peñote (871 m.) e A Pena da Cruz (702). O Curiscado (932 m.), Montouto (807 m.) e Bustelo (757 m.) son outros montes de importancia.
Esta accidentada orografía dá orixe a importantes ríos do norte de Galicia. Polo sur e de leste a oeste o concello está atravesado polo río Eume, que nace no Xistral e baña as parroquias da Balsa, Irixoa, O Burgo e Muras antes de entrar no concello das Pontes. Recibe as augas dos regos Sarrón, Carracedo, Carrizal, Lagoa e outros. Antes de xuntarse co río de Tras da Serra para formar o Sor propiamente dito, o río de Santar serve de límite co concello de Ourol. A el aflúen os regos de Foxo, Couce Mouro e outros. Finalmente, o Landro, que tamén nace no Xistral e baña as parroquias de Viveiró e Silán para desembocar na ría de Viveiro.
A vexetación é a propia da Galicia interior, con predominio do carballo, castiñeiro e bidueiro e amplas áreas de montaña poboadas de piñeiros. Boa parte do seu territorio é aproveitado para pasto de gando (vacún e cabalar) en liberdade.
En canto á poboación, debemos sinalar que se mantivo estable dende 1900 (3.272 hab.) ata 1940 (3.378 hab.), cando acada o máximo demográfico. A parir desa data comeza un continuado e acusado descenso que leva a que na actualidade sexa menos dun terzo da poboación contabilizada a inicios do século XX, tan só 754 habitantes censados en 2012. Isto foi debido á emigración, primeiro a América, logo a países da Europa occidental e nos últimos anos a zonas industriais como As Pontes e San Cibrao.
A parroquia máis poboada, a máis extensa (53,21 km2) e con máis entidades de poboación (64) é a de San Pedro de Muras, onde se asenta a capital municipal, con 342 habitantes (94 na capital), seguida de Viveiró (103 hab.), A Balsa (101 hab.), O Burgo (85 hab.), Silán (66 hab.), Irixoa (42), O Sisto (con 7 habitantes nas aldeas dos Casás, Murúas e Piocorto, pero a igrexa parroquial está no concello de Ourol) e as seis aldeas (As Ameixeiras, Couce dos Mouros, O Mouriscón, Pena do Mouriscón, O Rego e Santar de Abaixo) que pertencen a Ambosores (concello de Ourol) suman só oito habitantes. Dos 188 lugares e aldeas do seu territorio están deshabitados medio cento.
A crise demográfica trouxo consigo un forte avellentamento da poboación que incide en fortes perdas por razóns naturais o que o converte nun dos concellos máis recesivos da provincia luguesa en contraste coa próxima comarca da Mariña.
O concello de Muras conta con escudo oficial aprobado por Decreto da Xunta de Galicia no ano 1997:
“De gules (vermello), tres torres de ouro (amarelo) e xefe encaixado do mesmo. Ó timbre, coroa real pechada. Incorpóranse como motivos fundamentais ás armerías deste Municipio as figuras de tres torres, que representan algunhas das existentes no municipio: a de Goía, a chamada propiamente de Muras, que os bispos mindonienses acostumaron a confiar a importantes personaxes, e a de Silán, hoxe practicamente desaparecida, que foi berce e dominio da venerable dona Constanza de Castro, beatificada pola tradición popular local. Como complemento necesario inclúese un xefe encaixado para simboliza-la importante serra do Xistral, que concede unha fisionomía propia ó municipio”
UN POUCO DE HISTORIA
Varios castros e restos de culturas paleolíticas falan do poboamento dos celtas nestas terras. Igualmente algúns historiadores viron na toponimia (Eume e Sor) mostras do paso dos gregos e fenicios. Plinio o Vello situou entre Viveiro e O Xistral ós celtas Egovarros Namarinos, ós Ladóns no Ortegal e os Cauci nas Pontes.
A referencia escrita máis antiga do topónimo Muras aparece en Fernández de Muras, que tivo casa solar en Muras e descendían de Mateo Fernández de Muras, que acompañou a Ramiro I de Asturias nas súas batallas. Muras foi unha antiga xurisdición da provincia de Mondoñedo, que comprendía as freguesías da Balsa, O Burgo, Irixoa, Muras e Viveiró. O señorío era exercido polo bispo de Mondoñedo, que nomeaba un xuíz ordinario.
En 1368 o rei Pedro I confirma os límites da vila de Viveiro e á que pertencían varios cotos e freguesías, como San Pedro de Muras. A torre vella da que falan varios documentos do século XVI será a de catro séculos antes, xunto á que máis tarde se construíu outra. En documentos do XIV menciónase esta torre ocupada durante algún tempo polo mariscal Pedro Pardo de Cela. Hoxe non quedan pegadas desta fortaleza situada no lugar da Fraga do Castelo, onde se achou un anaco de pedra de armas onde aparecen os seis roeles dos Castro. Outro escudo parecido está nos muros da igrexa de Santa María do Burgo.
Na década dos anos trinta do século XIX Muras xa era concello propio formado polas parroquias da Balsa, O Burgo, Irixoa, Muras, Silán e Viveiró. Non tiña escola permanente, pero algunhas épocas do ano algúns veciños dedicábanse a ensinar lectura, escritura e as primeiras nocións de aritmética en dúas ou tres escolas. O clima era frío e san e o concello contaba con 814 veciños e 4.072 habitantes distribuídos en numerosas aldeas e lugares, que vivían dos cultivos agrícolas e a cría de gando. Muras e Viveiró celebraban feiras mensuais de produtos agrícolas e gando. O curato era de segundo ascenso e padroado real ordinario.
A igrexa parroquial de San Pedro de Muras é un espléndido edificio de tres naves, con planta de cruz latina enmarcada en rectángulo. Nun dos muros interiores figura a data de 1678. Na nave hai un retablo antigo de columnas en estrías. A igrexa foi reconstruída en 1958. O campanario, de planta cadrada, data do ano 1846 e elévase nun ribazo entre as casas e a igrexa. É interesante a cruz parroquial de prata con alma de madeira, de principios do século XVII. Ó lado da igrexa hai dous cruceiros.
Tamén ten importancia a igrexa parroquial de Santa María de Viveiró, que se reedificou en 1705. Ten dúas naves comunicadas por arcos e prebisterio de arco triunfal. É característico o pórtico que se pecha por un muro que soporta a espadana e as escaleiras de acceso. Ten tres retablos, no centro está o salomónico e neoclásicos nos laterais. Destacar unha talla de Santa María de tradición románica.
muras
muras
muras
muras
muras
muras
muras
muras
muras
muras
muras
muras
muras
muras
muras
muras
muras
muras
muras
muras
muras
muras
muras
muras
muras
muras
muras
muras
muras
muras
muras
muras
muras
muras
muras
muras
muras
muras
muras
muras
muras
muras
muras
muras
muras
muras
muras
muras
muras
muras
muras
muras
muras
muras
muras
muras
muras
muras
muras
muras
muras
muras
muras
muras
muras
muras
muras
muras
muras
muras
muras
muras
muras
muras
muras
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios