PREPARA CON NOSOUTROS A CARREIRA DA MULLER!!!

92

Temos o pracer de que este ano unha edición da “Carrera de la mujer”celébrase en A Coruña. Dende que polo último Xacobeo se correu unha edición en Santiago de Compostela, non puideramos disfrutar desta proba en terras galegas.
A Carreira da muller, que destina parte dos ingresos polas inscricións para loitarcontra o cancro de mama, reúne en cada edición a miles de mulleres correndo e camiñando xuntas por unha moi boa causa, unha marea rosa que converte as rúas nunha auténtica festa do deporte!!
Dende o Club Atletismo Olympo queremos aportar o noso graniño de area, polo que faremos para todas as rapazas que así o desexen uns adestramentos para preparar a proba adaptados a 3 niveis distintos.
NIVEL AVANZADO (mulleres que habitualmente saen a correr varias veces á semana)
NIVEL MEDIO (mulleres que fan deporte con frecuencia pero non corren moi habitualmente)
NIVEL BÁSICO (mulleres que non corren dende fai anos ou que nunca correron)
O noso obxetivo é que o día 22 de setembro vaiamos para A Coruña a maior cantidade de mulleres posibles!! Para eso tamén nos comprometemos en xestionar as inscricións de quen así o precise.
banner_muller.jpg


Ademáis o Concello de As Pontes porá os autobuses que necesitemos de forma gratuíta para desplazarnos o día da proba.
Os adestramentos comezaron o mércores 3 de xuño, e todo o mundo que así o desexe (tamén aceptamos homes) pode poñerse en contacto con nós (http://atletismoolympo.wordpress.com/) O que queremos é vida sana, pasalo ben e colaborar por unha boa causa!!!
carreira_da_muller.jpg
Nova cortesía de Susana Castro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios