O PASADO VENRES REMATOU A PRIMEIRA QUENDA DO CAMPUS DE FÚTBOL DO CLUB DEPORTIVO AS PONTES

181

Coa entrega de diplomas e agasallos o pasado venres 12 rematou a primeira quenda do primeiro Campus de Fútbol Mixto organizado polo Club Deportivo As Pontes, que baixo o lema “Aprende xogando, mellora a túa habilidade” estivo impartido por Adrián Boo Rivas, preparador físico do As Pontes, graduado en Ciencias da Actividade Física de Deporte e máster en Preparación Física, e Pablo López Vidal, xogador do As Pontes de Terceira División, Técnico Deportivo de Fútbol Nivel 2 e monitor de actividades de tempo libre.
Con eles estiveron Carballo, Iván Rodríguez, Marcos Bouza, Álex Antón, Momán e Santi Expósito, adestradores dos distintos equipos do Club Deportivo As Pontes,
Os distintos módulos comprenderon adestramentos de habilidades técnicas de ataque e defensa, comportamentos tácticos básico de ataque e defensa, adestramento específico de porteiros e adestramentos dinámicos.
campus_cd_aspontes


O martes 2 estiveron como convidados o porteiro do Elche CF, o naronés Diego Rivas, e o pontés David Rochela, campión de Europa e subcampión do Mundo coa selección española sub17 en 2007 e actualmente no Hapoel de Tel-Aviv da liga israelita.
O venres 5 achegáronse ás instalacións do Poboado o tamén xogador pontés Adrián López Piscu, internacional sub15 e sub21, formado no CD As Pontes pasando despois ó Deportivo da Coruña e dende hai tres tempadas milita no Wigan Athletic, da Premier inglesa e este ano campión da prestixiosa FA Cup ante o todo poderoso Manchester City, ó que gañou por 1-0.
Adrián López estivo acompañado por outro gran deportista galego, o pontecesán Ramiro Amarelle, dúas veces subcampión do mundo de fútbol praia, gañador de cinco ligas europeas coa selección española, campión de España co Deportivo da Coruña da copa de campións xuvenil e declarado como mellor xogador do mundo nos anos 2003 e 2008. Explicar as súas vivencias no mundo do fútbol, preguntas dos nenos e nenas e sinatura de moitos autógrafos nas botas, nas camisetas ou calquera outra prenda sucedéronse ó longo de máis dunha hora para rematar con clases prácticas por parte dos convidados de luxo.
Na xornada de clausura deste pasado venres estivo na entrega de diplomas acompañando ó alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, e ó presidente do Club As Pontes, Xaime Castro, o dianteiro do Deportivo da Coruña, Juan Domínguez, formado no Narón BP e fillo de Juanma, aquel gran xogador que militou no histórico Endesa As Pontes nas tempadas 85/86, 86/87 e 87/88, as dúas primeiras en Terceira División e a seguinte en Segunda B. Bossa, capitán e goleador do Club Deportivo As Pontes, tamén estivo presente nesta derradeira clase.
Os cerca de corenta nenos e nenas recibiron o diploma acreditativo de asistencia ó campus, así como agasallos para rematar cunhas palabras de Juan Domínguez, que explicou as súas experiencias no mundo do fútbol que con moito interese seguían nenos e nenas asistentes a esta primeira quenda. Logo os nenos e nenos fixeron unha morea de preguntas ó xogador deportivista. O presidente do Club, Xaime Castro, amosou a súa satisfacción polo gran interese amosado por este primeiro campus de fútbol ó que asisten preto de oitenta nenos e nenas, anunciando que repetirán a experiencia en vindeiros anos. Este luns 15 comeza a segunda quenda.
As Pontes, 13 de xullo de 2013 (AF)
campus_cd_aspontes
campus_cd_aspontes
campus_cd_aspontes
campus_cd_aspontes
campus_cd_aspontes
campus_cd_aspontes
campus_cd_aspontes
campus_cd_aspontes
campus_cd_aspontes
campus_cd_aspontes
campus_cd_aspontes
campus_cd_aspontes
campus_cd_aspontes
campus_cd_aspontes
campus_cd_aspontes
campus_cd_aspontes
campus_cd_aspontes
campus_cd_aspontes
campus_cd_aspontes
campus_cd_aspontes
campus_cd_aspontes
campus_cd_aspontes
campus_cd_aspontes
campus_cd_aspontes
campus_cd_aspontes
campus_cd_aspontes
campus_cd_aspontes
campus_cd_aspontes
campus_cd_aspontes
campus_cd_aspontes
campus_cd_aspontes
campus_cd_aspontes
campus_cd_aspontes
campus_cd_aspontes
campus_cd_aspontes
campus_cd_aspontes
campus_cd_aspontes
campus_cd_aspontes
campus_cd_aspontes
campus_cd_aspontes
campus_cd_aspontes
campus_cd_aspontes
campus_cd_aspontes
campus_cd_aspontes
campus_cd_aspontes
campus_cd_aspontes
campus_cd_aspontes
campus_cd_aspontes
campus_cd_aspontes
campus_cd_aspontes
campus_cd_aspontes
campus_cd_aspontes
campus_cd_aspontes
campus_cd_aspontes
campus_cd_aspontes
campus_cd_aspontes
campus_cd_aspontes
campus_cd_aspontes
campus_cd_aspontes
campus_cd_aspontes
campus_cd_aspontes
campus_cd_aspontes
campus_cd_aspontes
campus_cd_aspontes
campus_cd_aspontes
campus_cd_aspontes
campus_cd_aspontes
campus_cd_aspontes
campus_cd_aspontes
campus_cd_aspontes
campus_cd_aspontes
campus_cd_aspontes
campus_cd_aspontes
campus_cd_aspontes
campus_cd_aspontes
Nova cortesía de A.F.
Novas do CD As Pontes en http://aspontesenfeminino.wordpress.com/

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios