CABREIROS CELEBROU AS FESTAS DE SANTA MARIÑA

435

Cabreiros, unha das parroquias máis importantes do concello de Xermade, celebrou esta fin de semana as súas festas patronais na honra a Santa Mariña, unha das de máis tradición en toda a comarca. Este ano o campo da festa trasladouse a unha bonita paraxe á beira do río.
Estas populares e antigas festas de Cabreiros comezaron o venres cunha verbena a cargo da orquestra Asiria. O sábado iniciouse con bombas de palenque anunciando as festas e misa á unha do mediodía e posterior procesión e logo a sesión vermú coa orquestra Los Españoles que tamén estivo na verbena xunto a afamada orquestra Los Trovadores, fundada no ano 1953 e na que estivo o gran Pucho Boedo. De aí que nos inicios ase denominara “Pucho Boedo y Los Trovadores”, para posteriormente pasar a chamarse “Los Trovadores”.
O domingo repetíronse os actos relixiosos do sábado e música nas pezas da misa coa orquestra Emperadores, que repetiu na verbena da noite.
cabreiros


A PARROQUIA DE CABREIROS
Cabreiros ocupa un territorio duns vinte quilómetros cadrados e conta cunha poboación de 264 habitantes, repartidos en varios lugares e aldeas, sendo o máis habitado O Chao (75 hab.), onde se atopa a igrexa parroquial, seguido de Leboré (43), San Martiño (42), A Touza (24), O Empalme (21), O Reguengo (19) , Cabreiros (15), As Cernadas (13), Vilacide (8), O Revellón (2), Penachaíña (1) e A Touza Vella (1).
Limita polo norte con Roupar, ó sur con Candamil e Xermade, ó leste con Lousada e ó oeste con Miraz e O Aparral, parroquia do concello das Pontes. O seu territorio ten unha altura media de catrocentos metros sobre o nivel do mar, aínda que hai cumes que superan os 500 metros, como o Monte Espiño (615 metros), O Coto do Reguengo (561 metros) e a Penachaíña (527 metros).
O río Trimaz, chamado aquí rego de San Martiño, atravesa a parroquia de norte a sur. Polo norte discorre o río de Porto Souto.
A igrexa parroquial, de construción recente (1983), está no lugar do Chao, á beira da estrada de As Pontes a Vilalba. Hai interesantes cruceiros, case todos construídos a finais do século XIX e principios do XX. Destacan os do Revellón (1898), O Rego (1909), no camiño de Cernadas ó Tumbadoiro, o de Cabreiros (1948), o de Leboré (1895), o de San Martiño (1906), o da Touza (1894), o do Empalme e o do Chao, situado á beira da igrexa parroquial, sendo o máis antigo da parroquia, pois a súa construción data de 1870. Tamén hai numerosas medoñas e castros como o de Baxín e o de Vilacide.
Dende hai uns anos existe unha asociación veciñal, que con moito acerto dinamiza a vida cultural e social da parroquia. Conta cun local social no que antes foi a escola desta parroquia, hoxe magnificamente rehabilitada.
CABREIROS, PARROQUIA DA XURISDICIÓN DE AS PONTES
Ata 1833 a parroquia de Cabreiros formou parte da xurisdición de As Pontes, unha das 45 en que se dividía a antiga provincia de Betanzos, formada polas parroquias do Deveso, Espiñaredo, O Freixo, As Pontes, Vilavella e a citada Cabreiros. O señorío e o nomeamento de xustiza era exercido polo conde de Lemos. Despois, ó crearse a nova división administrativa provincial pasou a ser do concello de Xermade e provincia de Lugo.
O dicionario Madoz, unha interesante publicación de 1842, a pesar de ter algún que outro erro, describía con todo detalle as aldeas, lugares, casaríos, parroquias e concellos da Galicia daquela época.
En canto a Cabreiros cita que é unha freguesía do bispado de Mondoñedo e concello de Germade, do que dista media legua. Comprendía “50 casas distribuídas en los lugares de Cabreiros, Cernanda, Chao, Leboré, San Martín da Fraga, Touza y otros caseríos de poca importancia”.
No aspecto eclesiástico refírese “La igl. Parr. (Santa Marina) es única y su curato de entrada y patronato del duque de Lemos, hoy de Werbik; tiene una ermita con la advocación de San Victorio, sin que en ella se celebre festividad alguna, y el coto de San Martín da Fraga pertenecía al extinguido monast. de Lorenzana”.
Describe a situación da parroquia: “situada en una llanura en su mayor parte, su clima frío y los vientos más reinantes son N. NE. y S. y las enfermedades, fiebres, anginas, dolores de costado é intermitente”. Segue referíndose á súa orografía: “el terreno es de mediana calidad y los montes que se hallan al E., denominados Calgrande y Pena da Cruz, son desp.; le baña un r. sin nombre especial que despues toma el de Trimaz; corre de N. a SO. y le cruzan 2 puentes, el nombrado Portonobo de madera y el de San Martiño cubierto de losas. Por el N. cruza el camino que de Villalba dirige al Ferrol y se halla en mal estado. El correo se recibe de la estafeta de Villalba a donde cada uno lleva y recoge su correspondencia”.
Remata a descrición de Cabreiros no referente á súa economía e poboación: “centeno, patatas, algún trigo y otros frutos menores; cría ganado vacuno, caballar, de cerda, cabrío y lanar; hay caza de perdices y liebres. POB.: 50 vec., 256 almas”.
Cabreiros, 15 de xullo de 2013 (AF)
cabreiros
cabreiros
cabreiros
cabreiros
cabreiros
cabreiros
cabreiros
cabreiros
cabreiros
cabreiros
cabreiros
cabreiros
cabreiros
cabreiros
cabreiros
cabreiros
cabreiros
cabreiros
cabreiros
cabreiros
cabreiros
cabreiros
cabreiros
cabreiros
cabreiros
cabreiros
cabreiros
cabreiros
cabreiros
cabreiros
cabreiros
cabreiros
cabreiros
cabreiros
cabreiros
cabreiros
cabreiros
cabreiros
cabreiros
cabreiros
cabreiros
cabreiros
cabreiros
cabreiros
cabreiros
cabreiros
cabreiros
cabreiros
cabreiros
cabreiros
cabreiros
cabreiros
cabreiros
cabreiros
cabreiros
cabreiros
cabreiros
cabreiros
cabreiros
cabreiros
cabreiros
cabreiros
cabreiros
cabreiros
cabreiros
cabreiros
cabreiros
cabreiros
cabreiros
cabreiros
cabreiros
cabreiros
cabreiros
cabreiros
cabreiros
cabreiros
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios