ANTONIO POLO CONSIGUE TRES OUROS NOS CAMPIONATOS GALEGOS

142

O piraguista pontés Antonio Polo Campello conseguiu tres medallas de ouro nos Campionatos Galegos disputados a pasada fin de semana no embalse de Pontillón, en Verducido, Pontevedra, nas tres probas nas que participou, K1, K2 e K4, na distancia de 1000 metros.
No K1 para veteráns (35-39 anos) foi segundo na súa semifinal, por detrás de David Armesto (O Barco), a otra serie semifinal gañouna o seu compañeiro Alberto Pigueiras. Xenial na final Polo que venceu con 3:59:13, por diante do compañeiro co que gañou o ouro europeo, Alberto Pigueiras (4:02:21), segundo, e Jesús Dacosta (4:08:71), do prolífico Ría de Aldán de Cangas, terceiro.


No K2 1000 metros, Polo e Pigueiras gañaron con claridade a súa segunda semifinal. O mesmo fixeron na final, na que gañaron cun tempo de 3:46:44, por diante de Bernardo Sánchez e Francisco Vázquez (O Barco), 3:49:32, e Juan Jesús Pazos e Juan Antonio Reguera (Vilaboa), 3:53:00.
Pra rematar o triplete, o K4 do Piraguismo Viveiro formado por Polo, Pigueiras, ademáis de Jose Antonio Cervo e Jesús Fernández, venceron na súa primeira semifinal, volvendo a vencer con suficiencia na final cun tempo de 3:27:00, por diante do K4 do Ría de Aldán (3:30:61) e o K4 do Naval de Pontevedra (3:34:50).
Polo sumou 108 puntos para o seu equipo, ó que o axudou a quedar séptimo na clasificación por clubes acabando o Viveiro con 142 puntos.
Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Comentarios