NOTA INFORMATIVA COMITÉ DE EMPRESA ARTEIXO TELECOM

103

A empresa Arteixo Telecom está en concurso de acredores dende finais de maio, presentando a empresa un Plan de Viabilidade que recolle o despedimento 46 compañreir@s, o que supón o 40 % do plantel de traballador@s.
No mesmo Plan recolle unha redución salarial de un 20% o que precariza substancialmente as condicións económicas dos traballador@s, sumándolle a estas medidas a flexibilización do 20% da xornada laboral.
Os traballador@s rexeitamos este Plan de Viabilidade o considerar que non garante o futuro da empresa, e instamos a Dirección da Empresa e a Xunta de Galicia a que se busquen alternativas para que a empresa teña viabilidade “REAL” e manteña o emprego. Cabe recordar que Arteixo Telecom realiza a súa actividade no sector tecnolóxico, dentro do cal esta considerada como empresa estratéxica polo Parlamento Galego dende 1995.
Por iso pedimos o apoio do pobo na CONCENTRACIÓN que terá lugar o vindeiro martes 23 as 19:00 horas diante da Casa do Concello de As Pontes.
NA DEFENSA DOS POSTOS DE TRABALLO EN ARTEIXO TELECOM

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios