O CLUB DEPORTIVO AS PONTES INICIOU ONTE NO POBOADO A TEMPADA 2013/14

120

Na tarde de onte o Club Deportivo As Pontes comezou o traballo de cara a vindeira tempada 2013/14, a cuarta consecutiva na Terceira División, categoría que, logo do ascenso de Racing de Ferrol, Celta B e Compostela, vai resultar moito máis competitiva e moi igualada, cun Pontevedra que parece ser o “coco” da competición. O Deportivo B, que afrontará moitas renovacións no seu plantel, así como Alondras. Cerceda, Rápido de Bouzas, Racing Vilalbés, As Pontes e Somozas son agora os candidatos a loitar polas primeiras posicións da clasificación.
Antes de iniciar o primeiro adestramento, o presidente do Club, Xaime Castro, dirixiu unhas palabras ó plantel de xogadores e corpo técnico. Primeiro deu a benvida ós recen incorporados. Non se marcou como obxectivo loitar polos postos de ascenso, se non que pediu ós xogadores dedicación plena e o máximo esforzo para que o equipo se consolide cada vez máis na categoría e estar entre os grandes do fútbol galego, fito histórico que logrou o pasado ano logo de realizar unha brillante tempada, rematando na sexta praza por detrás dos grandes do fútbol galego.
cdaspontes


O As Pontes mantén a boa parte do bloque que permitiu rematar a pasada tempada nesa sexta posición. Seguen os porteiros Kiko e Marcos Bouza, os defensas Chote, Rochela, Jorge Nano, Pablo Domínguez, Pablo López e Hugo; os mediocampistas Dani, Esmorís e Bossa e os dianteiros David Amado, Iván González e Sergio Arias.
Tan só fixo catro incorporacións. O asturiano Santi, de 19 anos, procedente do Narón, o veterano defensa do Cerceda, Aitor Díaz. Volven ó conxunto pontés Chicho, despois do seu paso polo Racing de Ferrol, e Álex Cabarcos, despois de estar no Racing Xuvenil para xogar os dous últimos meses no Narón.
Tamén realizarán a pretempada varios xogadores do segundo equipo e do cadro xuvenil. Na tarde de onte Xaime Castro adiantounos que van por bo camiño as xestións para a fichaxe dun centrocampista sub-23.
O Club Deportivo As Pontes afrontará o seu primeiro encontro importante o vindeiro luns 22 contra o Racing de Ferrol na disputa do Trofeo Vila de As Pontes, encontro que se xogará no Poboado a partir das oito do serán (20,00). O 4 de agosto comezará a súa participación na Copa Deputación contra o vencedor da eliminatoria Cultural Maniños-O Val.
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios