O VIVEIRENSE FIDI, DO CELTA B, ÚLTIMA FICHAXE DO CLUB DEPORTIVO AS PONTES

116

Ó mediodía de hoxe venres 19, o presidente do Club Deportivo As Pontes, Xaime Castro, confirmou a fichaxe do centrocampista do Real Club Celta B, Fidi. Alfredo Navarro González, coñecido deportivamente por Fidi incorpórase á disciplina do Club Deportivo As Pontes procedente do filial celtista.
Fidi naceu en Viveiro o 6 de xuño de 1993, polo que ós seus vinte anos vén a cubrir unha praza de sub-23 no equipo pontés. Comezou no conxunto cadete do Real Club Celta, despois estivos tres tempadas no cadro xuvenil da División de Honra, pasando despois ó Celta B, sendo cedido ó Rápido de Bouzas dende o pasado decembro ata o remate da tempada, na que o filial celeste logrou o ascenso á Segunda División B.
Coa incorporación do viveirense, o As Pontes conta con dezanove xogadores para afrontar unha tempada máis, a cuarta consecutiva, na Terceira División. Na tarde de hoxe foi presentado ós seus novos compañeiros e comezou os adestramentos ás ordes do técnico Manolo García.
Fidi.jpg


Máis información en http://aspontesenfeminino.wordpress.com/
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios