BORJA PRIETO CONSIGUE DÚAS MEDALLAS DE PRATA NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA

99

Esta fin de semana disputáronse os Campionatos de España de Piraguismo no embalse de Pontillón de Castro, na parroquia de Berducido, en Pontevedra.
O piraguista pontés Borja Prieto Valera desprazouse co seu equipo, o Real Grupo de Cultura Covadonga de Gijón a terras pontevedresas, e fixoo da mellor maneira que él sabe, en plenas festas pontesas, el celebrao case tódolos anos gañando medallas e máis medallas, incluso hai nove anos celebrou a festa da Fraga quedando Campión de Europa (no seu día recordaremos o décimo aniversario). Como o botaremos en falta cando se retire.
Este Campionato atopabase incómodamente no calendario entre os Europeos de Portugal e os Mundiais de Alemaña, así que algúns dos grandes piraguistas preferiron non acudir para non interferir na súa planificación de adestramento de cara ós Campionatos do Mundo a celebrar en unhas semanas.
piraguismo


Si apareceu para facer unha visita, nun deses intres nos que se paraliza o tempo, a damisela de Cangas do Morrazo, a gran Teresa Portela. Aproveitamolo fotográficamente.
Comezou Borja a súa participación, no K1 500, na xornada do venres, na que se impuxo na súa serie semifinal, a terceira, por diante de Roi Rodríguez e Juan González. Nas outras series clasificaronse para a semifinal Marcus Cooper, Rubén Millán e Carlos Garrote na primeira, Víctor Rodríguez, Benjamín Ramírez e Diego Piña na segunda.
Na final impúxose o campión mundial junior do 2012, o balear Marcus Cooper do Portopetro (1:40:51), medalla de prata para Rubén Millán do Tudense (1:41:34) e bronce para Carlos Garrote do Zamora (1:41:43). Cuarto Víctor Rodríguez e quinto Borja. Por detrás quedaron Diego Piña, Benjamín Ramírez, Roi Rodríguez e Juan González.
O sábado comezou co K2 1000, no que Borja formaba parella co seu compañeiro, o portento asturián, Javier Hernanz, que a todo isto o venres vencera con total suficiencia no K1 1000 metros.
Na súa segunda serie semifinal, clasificaron de segundos por detrás do Tudense de Diego Piña e Víctor Rodríguez. Como acontecera na Copa de España disputada hai 3 meses, nunha disputadísima final, volveron a vencer Rubén Millán e Gabriel Campo, do Tudense (3:17:05). Os mesmos protagonistas tamén venceron despois no K2 500. Segundos e medalla de prata Hernanz-Prieto (3:17:75) e terceiro, outro Tudense, Diego Piña e Víctor Rodríguez (3:20:01).
Logo chegou o K4 1000 metros, no que a Javier e a Borja, unianselle os seus compañeiros Jaime Blanco e Miguel Ángel Gallo, con bo pe pois vencían na súa segunda serie semifinal. Nunha gran final, antes do mediodía, o primeiro Tudense (Campo-Millán-R.Rodríguez-Piña) impoñíase ó segundo Tudense (Ardit-V.Rodríguez-Domínguez-Carrera). En terceira posición quedaba o Aranjuez e na cuarta posición e coa mel nos beizos o Covadonga. Por detrás quedarían Sevilla, Sanabria, Vilaboa, Banyoles e Iuxtanam.
A última proba do sábado, pola tarde, foi o K4 500, nos que o Covadonga se clasificou 10º na contrareloxo que definía a orde de salida nas semifinais. Xa nas semifinais Borja e os seus compañeiros impuxeronse na primeira serie sen moita compricación. Na final máis emocionante de toda a tarde volveu a impoñerse o Tudense (Campo-Millán-R.Rodriguez-Carrera) cun tempo de 1:26:98. Cuarto ouro nos Campionatos para Campo e Millán. O Covadonga foi segundo e polo tanto medalla de prata (1:27:73) e terceiro o Naútico de Sevilla (1:28:19).
No equipo andaluz atopamos a Manuel Muñoz Arestoy, que fora compañeiro de Borja na selección española e hai nin máis nin menos que 16 anos fora dobre subcampión do mundo junior xunto ó portentoso piraguista pontés Daniel Feijoo Ferreiro.
Os campionatos finalizaron na xornada do domingo coas regatas de 200 metros nas que estaban presentes os campións olímpicos, e Borja e o seu compañeiro Hernanz animaronse a participar no K2, tamén no K4.
Nun K2 200 dun nivel altísimo, pasaron de terceiros na primeira regata semifinal, por detrás de Aldán e Betanzos liderados por Perucho e Arévalo, respectivamente. Nunha final de moitos kilates venceu Aldán co campión olímpico Perucho e Rodrigo Tiebo, 34:05, segundos Cristian Toro e Luis Real (Fluvial de Lugo), 34:39, e terceiro o tamén campión olímpico Craviotto e Omar Calzón (Piraguamadrid), 34:41. Cuarto o Betanzos de Arévalo, quinto Ceuta, sextos Borja e Hernanz, 34:81, e por detrás, Santa María, Aranjuez e Tudense.
Remataron o Campionato intentándoo no K4 200, e na contrareloxo pasaron co 22º tempo. Participaron na terceira regata semifinal e quedaron cuartos a 12 milésimas da clasificación, e logo foron terceiros na Final B. Por certo, na Final A, non gañaron nin Millán nin Campo, senón que desta vez foron terceiros por detrás do gañador Aranjuez e RCN Palma.
O piraguista pontés marchou de Pontevedra con dúas pratas, un cuarto, un quinto, un sexto e un duodécimo posto.
Na clasificación por clubes o Covadonga acabou cuarto, coa gran aportación das mulleres das inmellorables terras asturianas, que deron guerra en case todas as probas. Venceu o Náutico de Sevilla, por diante do Kayak Tudense e o Aranjuez.
piraguismo
piraguismo
piraguismo
piraguismo
piraguismo
piraguismo
piraguismo
piraguismo
Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios