Cumprimos 10 anos!

102

amigus.org chega aos 10 anos de funcionamento, e os obxetivos que nos motivaron a abrila non cambiaron; un portal, con información actual relacionada coas novas tecnoloxías, así como novas locais, promoción dos nosos veciños, dende artistas a deportistas, as festas, feiras e demáis actividades que se celebran na vila, non so unha forma de coñecer a actualidade do día a día do pobo senon tamén dar a coñecer o noso querido pobo As Pontes de García Rodríguez na web.
As nosas estatísticas a día de hoxe son estas:
– Máis de 3.250.000 entradas na portada da páxina.
– Máis de 17.020 artigos con máis de 10 millons de lecturas.
– 460 temas nos foros.
– 1.700 mensaxes nos foros.
– Máis de 35 GB de información nos nosos servidores.
– As seccións especiais: Tempo nas Pontes coa estación metereolóxica funcionando as 24horas do día, un Rueiro, un Álbum fotográfico (xa non levamos conta das fotos que temos…), os Sons da Vila, Deporte Pontés.
– O noso apoio ao Software Libre.
– O noso apoio ao comercio local coa páxina web irmá MercaNasPontes e o apoio á tenda da Agroalimentaria do Eume.
– Os múltiples programas de man das festas e feiras das Pontes.
Moitas gracias a todas e todos pola vosa lectura e colaboración.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios