O ESTEO COMEZA A PRETEMPADA 2013/14 NA QUE MILITARÁ POR PRIMEIRA VEZ NA SEGUNDA DIVISIÓN B

87

Dende hai uns días o conxunto pontés do Esteo está a perfilar o seu plantel de cara a vindeira tempada, na que por primeira vez na súa historia militará na categoría de bronce do fútbol sala español, despois de lograr o ascenso de categoría ó quedar campión de liga a pasada campaña.
O equipo pontés aposta pola continuidade, pois renovou a todo o plantel, agás a Pellón, que deixou o fútbol sala despois de 23 anos de intensa actividade deportiva en diversos clubs españois de categoría nacional.
Continúan no primeiro equipo os porteiros Chotto e Iván, así como os xogadores de pista Pelu, Gerveno, Gerardo, Diego Pellón, Fran, Héctor, Bolly e Rubi. Tamén realizará a pretempada o xuvenil Pablo.
Segue como preparador do primeiro equipo Diego Paz. Nos últimos días contratáronse os servizos de Manel Naveiras, como segundo, antigo xogador do Parrulo na década dos anos noventa. Como preparador físico fichouse a David García, licenciado en educación física e con experiencia en varios equipos da comarca.
O grupo primeiro da Segunda División B está conformado por trece equipos, seis de Castilla e León e sete galegos. A liga comeza o 28 de setembro e nesta primeira xornada o Esteo recibe no pavillón da Fraga ó conxunto palentino do Guardo, rematando a competición o 10 de maio de 2014 xogando tamén na casa contra o Mosteiro Bembrive, de Vigo.
O primeiro choque de rivalidade contra o outro representante comarcal, Cidade de Narón, será no pavillón da Fraga o 12 de outubro para devolver a visita en pista naronesa o 25 de xaneiro.
O_Esteo_12-13.jpg


Diego-Paz-e-David-Garcia.jpg
Diego-Paz-e-Manel.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios